A nova proposta de taxa de depuración: Unha burla á veciñanza de Ferrol

O goberno municipal do Alcalde Jorge Suarez, xa
recibiu a proposta de tarifas elaborada pola empresa mixta de augas de
Ferrol (Emafesa, xestionada ao 100% pola súa parte privada Socamex),
para a aprobación da prometida e axustada, nova "Taxa de depuración e
interceptación das augas residuais de Ferrol". Mais a sorpresa ven
cando as tarifas propostas por Emafesa apenas supoñen unha variación co
respecto ás que na actualidade están en vigor. Mais peor aínda, pois
supoñen un incremento ao respecto das propostas por a mesma Emafesa logo
dun axuste no informe presentado en Novembro de 2016 que foi a base pola
que se elaborou outra taxa posterior, proposta en diferentes Plenos en
febreiro do ano 2017, polo grupo de goberno de Ferrol en Común e as dúas
non adscritas, baixo a denominación “Estudio de Costes Justificativos
y Tarifas de Saneamiento en Alta y Depuración del Concello de Ferrol",
onde o prezo por m3, na cota variábel, nas mesmas condicións medias
elaborado para a Taxa de 2014, é inferior, o mesmo para a cota fixa do
servizo (Ver Cadro comparativo).
Concepto |
Cota Servizo por mes |
Prezo m3 |
Exemplo Recibo Bimensual, cun consumo de
20 m3 (Sen o 10% de IVA). |
Ordenanza Fiscal nº17 |
2,52 |
0,3826 |
12,692 |
Informe Estudo Emafesa de novembro 2016,
para nova taxa proposta polo goberno
municipal de Ferrol en Común e non adscritas, nos Plenos
de 13 e 22 de febreiro de 2017. |
2,30 |
0,3486 |
11,572 |
Coeficiente de Vertedura de Augas de
Galicia 2018 - En vigor. |
1,54 |
0,2900 |
8,880 |
Novas tarifas
presentadas por Emafesa, estes días de setembro de 2018, para
unha nova Taxa. |
2,33 |
0,3530 |
11,720 |
Elaborado pola Plataforma. |
1,42 |
0,18 |
6,440 |
A grande maioría das análise feitas do sistema de
saneamento imposto, entre elas a redacción do PXOM de Ferrol e no EDUSI,
os dous documentos máis importantes da planificación urbanística,
coinciden en que o sistema de saneamento imposto é moi caro por ser
unitario, sen separar as augas pluviais das fecais que implica un volume
moi elevado de augas residuais a depurar e polo alto custe en consumo
enerxético, non só da depuradora, senón do sistema de impulsión da
Malata e sumado aos numerosos tanques de tormenta. Mais o máis
custoso é ter unha empresa mixta que nos cautiva e se aproveita do seu
poder dominante e duns estatutos, xunto ao prego de condicións
que lle dan poder absoluto na xestión do servizo e un goberno
municipal que non cumpre a súa función fiscalizadora e leva realizando
un moi mal goberno no referente a auga e saneamento, deitando
pola borda a oportunidade que tiñamos para cambiar as cousas.
A Plataforma fará todo o posíbel para
impedir a imposición desa nova taxa inxusta e continuara na súa
campaña de "barrio por barrio", para informar e concienciar á veciñanzas dos seus
dereitos e que reclame unha taxa xusta, explicada e participada, e a
revisión participada do Recibo da Auga en todos os seus conceptos.
Seguimos mantendo a manifestación do 18 de
outubro, a favor do Saneamento e contra a Estafa que sairá, ás
7 da tarde, da Praza Amada Garcia (Diante do Edificio da Xunta de
Galicia) e rematará na rúa María pola parte traseira da casa do Concello
SANEAMENTO SI, ESTAFA NON !!!
Documentos anexos da campaña informando á
veciñanza barrio por barrio:
Modelo de impreso para recoller sinaturas. |
Acceder/Baixar.
Modelo de cartaz para as convocatorias, |
Acceder/Baixar.
Folla Informativa. |
Acceder/Baixar.
Comparecencia da Plataforma na Solicitude de
apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas
irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. |
Rexistrado o 27 de xuño de 2018 |
Acceder/Baixar.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS
PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
https://artabra21.blogspot.com/2018/09/a-nova-proposta-de-taxa-de-depuracion.html