• Número 405
  • 01 de outubro de 2018

CUT

Piden case 4 anos de prisión a un delegado sindical da CUT en Pescanova

O sindicato sinala á empresa como responsable dunha situación que non tería consecuencias se non tivera actuado a policía con excesiva violencia

A Fiscalía solicita 3 anos e 9 meses de prisión e 4.680 euros de multa contra o delegado da CUT Luís Bar por uns incidentes acontecidos no ano 2017 durante a folga que tivo lugar en Vigo no Grupo Pescanova.

O sindicato sinala á empresa como responsable dunha situación que non tería consecuencias se non tivera actuado a policía con excesiva violencia.

Segundo relatan desde a CUT na concentración o día de folga os sindicatos estiveron informando a traballadores e traballadoras do seu dereito a facer folga cando a empresa chamou á policía e 15 dotacións personáronse no lugar.

Nun incidente menor, segundo relata a CUT, entre unha muller e un policia foi detido o delegado sindical Luís Bar cando tentaba mediar.

Agora a fiscalía solicita esa elevada pena e o sindicato xa anunciou o seu rexeitamento e anuncia unha campaña informativa sobre esta situación.

https://nostelevision.gal/piden-case-4-anos-de-prision-a-un-delegado-sindical-da-cut-en-pescanova/