Valoración sobre o preacordo que se deu no dia de hoxe 26 de setembro na Comisión do Pacto de Toledo referente á subida de pensións segundo IPC real

1. A Coordinadora
Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, na que
está integrada MODEPEN, valora e valorará
positivamente todos os avances que se
produzan no que se refire ao mantemento e mellora do Sistema Público de
Pensións.
2. Consideramos isto, como un
motivo máis de orgullo para esta Coordinadora, xa que
estamos convencidos de que só a determinación, a loita. e a
mobilización de millóns de persoas (pensionistas de hoxe e do futuro),
fixeron posible o cambio de posición dalgúns partidos políticos
presentes nese Pacto de Toledo.
3. Seguiremos
mobilizándonos nas rúas e prazas de todo o Estado, xa que
consideramos que isto só significa un pequeno avance nas demandas por
nós expostas.
4. Non compartimos en absoluto
estas políticas do pau e a cenoria (agora ameázovos con que o sistema é
insustentable, e despois douvos o IPC). A revalorización das
pensións de acordo co IPC, xa se producía desde hai moitos anos, polo
tanto non se nos regala nada, corrixe unha inxustiza que o PP e
o PSOE provocaran. Ademais, o Ar1. 102 da OIT asinado
e asumido polo Reino de España, así o recoñece, da mesma forma que o fai
a Carta Social Europea.
5. Non
compartimos en absoluto a
continuidade do Pacto de Toledo, un pacto escurantista e de
presión das Entidades Financeiras e dos Lobbyes, onde nin tan só se
escoita ás persoas afectadas polas súas recomendacións, os e as
pensionistas.
6. Non confiamos, en
absoluto, que o que hoxe se acordou non o vaian a cambiar mañá:
Polo tanto vemos moito de xesticulación pero pouco de realidades.
CONTINUAREMOS NAS RÚAS ATA CONSEGUIR:
A. Unha reforma integral do
Sistema Público de Pensións, baseada nas nosas propostas
presentadas á Ministra. Magdalena Valerio o pasado 31 de xullo, que
resolva de forma definitiva as graves desigualdades existentes hoxe en
día, e que asegure as pensións de mañá.
B. Un debate aberto a toda a
sociedade, que aborde todos os problemas do SPP e porque se
chegou a esta situación.
C. Unha mesa de negociación e
dialogo onde ademais doutros colectivos implicados,
esteamos representados os verdadeiros afectados.
Comisión de Portavoces e Organización Estatal.
GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE !!!!!