Universidade

Resumo da reunión do Consello de Goberno do día 25
01 de outubro de 2018 | O día 25 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Agradecemos a resposta d@s compañeir@s que aportaron iniciativas para seren transmitidas na sesión. Continuaremos con esta dinámica, abrindo sempre á participación do colectivo, todos os órganos nos que a nosa agrupación estea presente.
Universidade

Roupa de traballo, un ano máis repítese o retraso na distribución
01 de outubro de 2018 | Un ano máis e repítese a mesma circunstancia que en anos anteriores, a universidade incumpre, de novo, a regulamentación que ela mesma estableceu. Que se notificase no seu día a apertura do prazo de solicitude, reivindicado en moitas ocasións sen que se levase a efecto, queda eclipsada ao reiterarse a inacción a hora de facer efectiva a súa distribución.
Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas
01 de outubro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
CUT - Política Social

Reunión do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral
01 de outubro de 2018 | Desde a CUT reclamamos, de xeito reiterado, a adopción de medidas que resolvan as causas reais do elevadísimo índice de sinistralidade que se da nos centros dependentes da Consellería de Política Social. O informe de sinistralidade do primeiro semestre de 2018, que presentou o Servizo de Prevención corrobora, de novo, a nosa denuncia ao constatar, nestes primeiros 6 meses do ano, 121 partes nos centros dependentes da Consellería, o que nos sitúa no primeiro lugar das estatísticas de sinistralidade.
CUT

Piden case 4 anos de prisión a un delegado sindical da CUT en Pescanova
01 de outubro de 2018 | A Fiscalía solicita 3 anos e 9 meses de prisión e 4.680 euros de multa contra o delegado da CUT Luís Bar por uns incidentes acontecidos no ano 2017 durante a folga que tivo lugar en Vigo no Grupo Pescanova.
CUT- Alternativas na Xustiza

A CUT denuncia o "colapso" do arquivo xudicial de Betanzos á Inspección de Traballo
01 de outubro de 2018 | Alternativas na Xustiza da CUT (Central Unitaria de Traballadores) denunciou ante Inspección de Traballo o "colapso" do arquivo xudicial de Betanzos.
CUT

CUT pide o cese das ameazas ao persoal dos centros socioculturais composteláns
01 de outubro de 2018 | A CUT, central sindical de maior afiliación entre as traballadoras e traballadores municipais dos Centros Socioculturais, denuncia ameazas de decretazos e traslados de persoal como cortina de fume para agochar a incompetencia na xestión dun servizo privatizado.
CUT

Xornadas de solidariedade coas temporeiras de Huelva
01 de outubro de 2018 | O colonialismo, o patriarcado e o capitalismo únense para enriquecerse a costa das máis vulnerabilizadas polo propio sistema. Nos últimos meses saltaron á escena mediática, grazas a un xornal alemán, os abusos laborais e sexuais sufridos polas traballadoras temporais do amorodo en Huelva, practicamente todas de orixe marroquí.
CUT

O 1 de Outubro a CUT sairá ás rúas contra o fascismo
01 de outubro de 2018 | A asemblea estatal das Marchas da Dignidade, celebrada o pasado día 8 en Barcelona tomou a decisión de convocar, o vindeiro día 1 de outubro, aniversario da realización do referendo, nos territorios do Estado, accións en solidariedade co pobo de Catalunya. En Galiza as Marchas da Dignidade convocamos unha acción en Vigo que ten como lema, CONTRA O FASCISMO E POLA DEMOCRACIA!
CUT

As traballadoras da limpeza da Xunta reivindican os seus dereitos diante do Parlamento
01 de outubro de 2018 | As representantes das traballadoras da limpeza da Xunta (subcontratada a Grupo Norte) reuníronse está mañá no Hórreo cos grupos parlamentarios de En Marea e BNG para transmitirlles de primeira man que queren cobrar o mesmo cós compañeiros homes, a equiparación salarial e de categoría e a redución da carga de traballo inhumana que asumen porque non se substitúe ao persoal que cae de baixa.
CUT - CRTVG

Ana Romaní, Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018 - 19 venres negro
01 de outubro de 2018 | Ana Romaní, poeta e periodista, directora desde o ano 1990 do programa Diario Cultural que, desde a Radio Galega informaba, desde hai 28 anos, sobre a nosa cultura e a nosa literatura, que finalizou as súas emisións en agosto deste ano por decisión do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, ven de ser galardoada co Premio Nacional de Periodismo Cultural pola "súa longa traxectoria no xornalismo, o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios"
CUT - Memoria Histórica

CUT apoia a marcha pola devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público
01 de outubro de 2018 | A 5ª Marcha Cívica convocada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), e apoiada por un amplo abano de organizacións, entre as que se encontra o noso sindicato, está prevista para o vindeiro día 10 de novembro. Sairá, ás 12 h. da mañá do Monumento ás Vítimas do Franquismo, situado no Paseo Marítimo de Sada e rematará na entrada principal do Pazo de Meirás.
CUT - CRTVG

Cando a perda de dereitos é unha nova que algúns sindicatos festexan
01 de outubro de 2018 | A loita das traballadoras e traballadores é en cada empresa unha loita por ampliar o ámbito da negociación colectiva. A maior capacidade de negociación, menos discrecionalidade e poder empresarial, e máis poder do conxunto das obreiras.
PROSAGAP

Comunicado do persoal de urxencias do CHUS
01 de outubro de 2018 | Os profesionais do Servizo de Urxencias do CHUS levamos tempo dando conta á nosa Xerencia e Dirección de Enfermería do deterioro progresivo que ven sufrindo o noso Servizo nos últimos anos, ante o que distintas Xerencias non adoptaron as medidas correctoras necesarias, e que desembocou nunha situación de gravidade para usuarios e traballadores que non podemos nin debemos resignarnos a deixar empeorar.
Loita Social

A nova proposta de taxa de depuración: Unha burla á veciñanza de Ferrol
01 de outubro de 2018 | O goberno municipal do Alcalde Jorge Suarez, xa recibiu a proposta de tarifas elaborada pola empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa, xestionada ao 100% pola súa parte privada Socamex), para a aprobación da prometida e axustada, nova "Taxa de depuración e interceptación das augas residuais de Ferrol".
Represión

Ordenanza mordaza: o Concello de Lugo contra as súas cidadás
01 de outubro de 2018 | Agrupadas baixo o nome Lugo Sen Mordazas, máis de trinta asociacións levan meses denunciando o ataque que supón para as liberdades esta Ordenanza que o concello de Lugo, baixo o mando do PSdG-PSOE, co apoio de PP e Ciudadanos e coa axuda da Policía Local, pretende aprobar.
Antifascismo

27 de setembro, 43 anos dos últimos fusilamentos do ditador Franco
01 de outubro de 2018 | Papá, mamá: Executaranme mañá de mañá. Quero darvos ánimos. Pensade que eu morro pero que a vida segue. Recordo que na túa última visita, papá, dixérasme que fose valente, como un bo galego. Funo, asegúrocho. Cando me fusilen mañá pedirei que non me tapen os ollos, para ver […]
Crise Estafa

A crise deixou, até agora, 8,6 millóns de excluídos, 1,2 máis que en 2007
01 de outubro de 2018 | Segundo a organización de caridade da Igrexa Católica, a marxinación social severa creceu un 40% e afecta a máis de catro millóns de persoas. Outro seis millóns están no arame de caer na exclusión se chegase outra recesión, explican os responsables da análise. "Estamos a construír unha sociedade desligada", denuncia a ONG, que presentou os resultados do último informe Foessa
Universidade

A folga de estudantes paraliza a Universidade Rei Juan Carlos
01 de outubro de 2018 | Os estudantes da Universidade Rei Juan Carlos de Madrid responderon á chamada de sete asociacións de estudantes, que baixo o nome de URJC Crítica, convocaron aos 45.000 alumnos a unha xornada de folga este xoves baixo a lema Fóra mafia da URJC.
Lingua - A MESA pola Normalización Lingüística

A Mesa resposta á pretensión Ciudadanos de eliminar o dereito a utilizar o galego na administración
01 de outubro de 2018 | A Mesa insta aos responsábeis deste partido a se informaren e repararen en que ningunha oposición á administración do Estado esixe o requisito de coñecemento da lingua cooficial. Marcos Maceira: “Como se poden prestar servizos á cidadanía sen coñecer a súa lingua?”. O único que se pretende é dar amparo legal á vulneración dos dereitos lingüísticos por parte da Administración e nomeadamente pola do Estado
MODEPEN

Valoración sobre o preacordo que se deu no dia de hoxe 26 de setembro na Comisión do Pacto de Toledo referente á subida de pensións segundo IPC real
01 de outubro de 2018 | A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, na que está integrada MODEPEN, valora e valorará positivamente todos os avances que se produzan no que se refire ao mantemento e mellora do Sistema Público de Pensións.
CARTAS QUE RECIBIMOS

As vosas colaboracións
01 de outubro de 2018 | Espazo aberto á vosa participación
Universidade

Últimas convocatorias nas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo
01 de outubro de 2018
Represión

Jorge Rueda: “Eu non iría ao cárcere se non houbese desafiuzamentos”
01 de outubro de 2018 | Nunha abarrotado rolda de prensa celebrada nunha sala do Teatro do Barrio en Lavapies, Jorge –que foi acusado de lesións e atentado á autoridade e condenado a sete de meses de prisión e a un pago de 1200 euros como indemnización a unha policía- expresou a súa decisión de non pagar o que supoñería o seu ingreso en prisión.
Represión

O xornalista Boro LH enfróntase a 6 anos de prisión por unha montaxe policial
01 de outubro de 2018 | “Este caso constitúe un novo ataque ao dereito á libre información ademais dunha persecución contra un medio, lahaine.org, que leva 18 anos informando de loitas sociais e denunciando os abusos policiais”, denuncia Boro…”
OPINIÓN - Santiago Lupe

Por que neste país ninguén ousa tocar á "caste xudicial" franquista?
01 de outubro de 2018 | Segundo escribe Santiago Lupe nun artigo publicado no dixital "La Izquierda diario", a pesar de mostrarse como unha suposta punta de lanza contra "Réxime do 78", nin os independentistas cataláns nin "Unidos Podemos", dispoñen dun programa ou un proxecto orientado a acabar coa "caste" xudicial franquista existente neste país. Cal é a razón?
O DÍA 1 DE OUTUBRO. DÍA DO MAIOR E QUE SE REIVINDICA A DEFENSA DOS MAIORES A NIVEL MUNDIAL. GALIZA TAMÉN PARTICIPARÁ EN DITAS REIVINDICACIÓNS. QUÉN DESEXE PARTICIPAR E IR A SANTIAGO DE COMPOSTELA PODEDES APUNTARVOS NO AUTOBUS NO EMAIL: modepen2016@gmail.com

Antifascistas!

Toni Cantó: É un feito que o castelán desapareceu de Galicia!

Videos