A CUT denuncia o "colapso" do arquivo xudicial de Betanzos á Inspección de Traballo

Alternativas na Xustiza da CUT (Central Unitaria de
Traballadores) denunciou ante Inspección de Traballo o "colapso" do
arquivo xudicial de Betanzos. O sindicato denuncia o "perigo" para os
traballadores que supón a acumulación de gran cantidade de expedientes
en estancias sen ventilación e co risco de sufrir un accidente ao
tropezar con caixas "e outros obxectos que impiden o tránsito por ese
mínimo espazo".
A central sindical denuncia que hai expedientes
colocados nas escaleiras de acceso ao arquivo dado que a capacidade do
"mesmo está superada hai tempo". Critica, ademais, que os arquivos
deberían estar en plantas soto ou baixas dado que os edificios xudiciais
non están construídos para soportar tanto peso, e achaca a este factor a
aparición de gretas nas paredes anexas ao arquivo betanceiro.
A CUT critica o "pasotismo da Dirección Xeral de
Xustiza". Avisa de que, se non cambia o arquivo de localización,
adoptarán medidas de presión ou se mobilizarán.
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/09/27/cut-denuncia-colapso-archivo-judicial/1332191.html#!kalooga-14132/~Betanzos%20~critica%5E0.75