• Número 405
  • 01 de outubro de 2018

Universidade

Resumo da reunión do Consello de Goberno do día 25

Aproveitaremos a sesión para darlle voz ao colectivo diante da comunidade universitaria

O día 25 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Agradecemos a resposta d@s compañeir@s que aportaron iniciativas para seren transmitidas na sesión. Continuaremos con esta dinámica, abrindo sempre á participación do colectivo, todos os órganos nos que a nosa agrupación estea presente.

Informe do reitor:

O día 17 de setembro realizouse a  Asemblea Xeral da CRUE e do Consello de Universidades. Na Asemblea da CRUE, diante dos últimos acontecementos, decidise emitir o comunicado que se lerá ao final das intervencións d@s vicerreitor@s.

Na reunión do Consello de Universidades decidiuse a creación de tres comisións, unha para negociar o novo estatuto do PDI. Outra para a negociación da modificación do Real Decreto 1393/2007. A terceira para a internacionalización da Universidade.

Xerente

Na nómina de xullo recollíase o incremento retributivo do 1,50% con efectos desde xaneiro, na nómina de outubro pénsase incluír o 0,25% desde o mes de xullo. Informa, tamén, da publicación no DOG da Oferta de Emprego Público do ano 2018, da convocatoria de promoción interna, da publicación das convocatorias por quenda libre de dúas prazas de auxiliar de servizos, unha praza de técnico grao medio en relacións internacionais, e unha praza de técnico superior en relacións internacionais..

Ao remate do informe d@s vicerreitor@s o reitor le o comunicado da CRUE, temos que sinalar que a páxina deste organismo, que pagamos entre tod@s, non se confecciona de xeito que se poida escoller entre os idiomas do estado español, está en castelán exclusivamente.

“Comunicado de CRUE Universidades Españolas

Madrid, 17 de septiembre de 2018. En los últimos cuarenta años, la Universidad ha sido uno de los principales motores del crecimiento económico, del desarrollo social y del progreso cultural de España. Sin ningún género de duda, los millones de personas que han pasado por la Universidad han sido uno de los colectivos más importantes en la profunda transformación que nuestro país ha tenido y que ha venido a situarlo definitivamente en nuestro deseado destino europeo.

Por este motivo, los rectores y rectoras, en nombre de la comunidad universitaria, se sienten plenamente legitimados para manifestar ante la ciudadanía y la opinión pública las siguientes consideraciones:

1.    Nuestro país tiene en estos momentos el mejor sistema universitario de toda su Historia y está situado entre los más equitativos del mundo, sin por ello renunciar a la excelencia académica que ha aumentado en gran medida en los últimos años.

2.    Recordamos que, en estos años de crisis profunda y de recortes, los universitarios hemos sido solidarios con el esfuerzo que se nos pedía y hemos gestionado la Universidad con gran merma en nuestros recursos financieros y humanos. Y, a pesar de ello, y también gracias a la aportación económica extraordinaria de los estudiantes y de sus familias, hemos aumentado la calidad del sistema aplicando los principios de Bolonia con menos recursos que otros países y aún menos de los que teníamos cuando empezó a implantarse. Asimismo, hemos contribuido decisivamente a situar nuestro sistema de ciencia y tecnología entre los diez primeros del mundo.

3.    Las universidades cumplimos con todos aquellos requisitos que nos solicita el Estado respecto a nuestras titulaciones, pese a que algunos de ellos constituyen una innecesaria burocracia que implica a una gran parte del Profesorado y del Personal de Administración y Servicios, impidiendo una gestión más ágil. Seguiremos siempre mejorando nuestros procedimientos internos para garantizar la calidad de nuestra actividad académica.

4.    Rechazamos rotundamente que se utilice a la Universidad como arma arrojadiza en la contienda política, elevando a categoría general casos particulares, sin duda absolutamente lamentables, condenables y que deben corregirse con contundencia. Con ello, se pone irresponsablemente en peligro el prestigio de nuestras universidades, que tanto nos ha costado conseguir.

Las universidades tienen una misión fundamental en la sociedad del conocimiento. Por ello, exigimos a los responsables políticos que se ocupen de las necesidades urgentes que tienen nuestras universidades, que aporten más recursos y que se pongan de acuerdo mediante un Pacto de Estado en una nueva Ley de Universidades. Una Ley que sirva para que se lleven a cabo las mejoras que todos los universitarios reivindicamos, de manera prioritaria, para seguir al servicio del bienestar de la ciudadanía. Una sociedad que no confía en sus universidades no tiene futuro.”

Desenvolvemento da reunión

4 .- Cobertura de vacantes de PAS nas Comisións Delegadas de Asuntos Económicos, Planos de Estudo e Extensión Universitaria.

A representación do PAS sinala que ao non contar coa presenza de todos @s representantes non pode precisar os nomes das persoas designadas para as comisións, solicita que este punto se retrase e se contemple na Orde do día da próxima convocatoria de Consello de Goberno. Solicitude aceptada polo reitor.

13 .- Quenda aberta de intervencións

Intervención da representación do PAS

Desde hai uns meses, diante da falta de aparcadoiro na zona da Reitoría, vimos reivindicando unha actuación da universidade encamiñada a que aos traballadores e traballadoras se nos dea a mesma consideración que aos residentes e comerciantes da Cidade Vella. Na última reunión a compañeira reiterou a petición. Fíxose algo?. Quédalle por facer algo ao equipo de goberno, ou considera que todo o que podía facer xa o fixo?

Na última reunión da Xunta de Persoal pedimos, ao xerente, que se nos dixera cando se prevía convocar as OEP acumuladas de 2016, 2017 e 2018. A resposta non foi moi clara. Volvo a facerlle a pregunta. Do mesmo xeito solicito unha resposta clara sobre cando se vai convocar o concurso de méritos do SIC.

Nestes últimos anos, a crise foi a escusa para recortar dereitos ás traballadoras e traballadores. Cando se nos vai repoñer os poucos dereitos que, os sindicatos maioritarios, acordaron co goberno a súa devolución. Refírome ao 100% do salario en caso de IT?. Das 35 horas xa falamos na Xunta de Persoal e estamos a agardar a súa proposta.

Pronunciámonos reiteradamente en contra das encomendas de xestión. A escusa que se nos trasladou até agora coas encomendas de xestión á FUAC, a escusa institucional é que a FUAC é unha institución totalmente pública. Agora vense de realizar este procedemento, a encomenda de xestión dun Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura e a UDC para o desenvolvemento de novas accións de I+D+i co CITIC, xestionado por unha denominada Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia (FCITICG) que é unha entidade sen ánimo de lucro e de dereito privado. Cal é agora a escusa institucional?. Reiteramos a nosa oposición á externalización de labores que consideramos propias. Reiteramos a reclamación xa realizada noutras ocasións de que estas funcións retornen aos servizos propios da universidade.

O comunicado da CRUE sóame a discursos xa escoitados en casos de corrupción de partidos políticos, que se fundamentan en sinalar que son moi bos, necesarios, e que non se poden elevar á categoría de xeral casos particulares, en definitiva que non se pode tomar a parte polo todo. O bo nome da universidade restitúese, facéndolle fronte con decisión aos casos que, como o acontecido na URJC, menoscaban a súa imaxe pública, por iso, solicito que a Universidade da Coruña requira na CRUE a constitución dunha comisión de investigación que avalíe o sucedido no funcionamento, da Universidade Rei Juan Carlos. O que se detrae dos medios de comunicación e que obrigou á dimisión dunha presidenta dunha comunidade autónoma e a unha ministra, de momento, é que houbo cambio de notas de xeito irregular, matrículas fóra de prazo, ausencia de custodia de documentación... Non chega co peche do Instituto no que se detectaron os casos de corrupción. O sucedido pon en dúbida a actuación institucional e pon de manifesto unha falta de control que require que se tomen medidas ao respecto.

Respostas

Reitor

Na CRUE foise moi duros coa actuación da URJC, este órgano non ten capacidade para realizar o que se pide. Esíxese que sexa a propia universidade a que, internamente, avalíe e solvente as deficiencias detectadas. Detrás de todo o que está saíndo publicamente hai un ataque á universidade pública. Nesta universidade sería imposible que sucedera isto.

Xerente:

Ao respecto da falta de aparcadoiro. Antes do verán falouse deste tema na Xunta de Persoal, a Xerencia pediu que se lle trasladase por escrito as peticións cousa que se realizou, esas reivindicacións eleváronse ao concello mediante rexistro, o xerente que fai súas as reclamacións, tivo un primeiro contacto co director da Área que manifestou a intención de estudar a documentación enviada, esta primeira xuntanza realizouse antes do verán, nela quedouse que, unha vez estudadas as solicitudes realizadas polo PAS, tería lugar outra reunión, a Xerencia está a espera desa convocatoria.

Convocatoria das OEP acumuladas, non se pode comprometer a dar data, nin sequera aproximada, manifesta o interese institucional de convocalas canto antes pero aínda están por rematar as conversas coa Xunta de Persoal, as convocatorias non están negociadas, comprométese a axilizar os procedementos.

Concurso de traslados do SIC, convocarase, a discrepancia coa Xunta de Persoal é o momento, segundo o procedemento trazado desde o equipo de goberno, antes débense realizar as convocatorias e, ao remate dos procesos, convocaranse as prazas afectadas.

Secretario xeral:

O CITIC é unha entidade instrumental, 100% da universidade, 100% pública, o normal é que os convenios que teñan que ver co seu marco de actuación se xestionen desde ese ente.

Intervención da representación do PAS

Ao respecto da actuación da URJC, aínda colea a acusación de plaxio vertida contra o seu ex reitor. Creárase, no seu día, unha comisión de investigación na propia institución que o actual reitor pechou sen ningunha conclusión. Aberta unha investigación interna sobre a actuación do Instituto de Dereito Público, tivo que ser un medio de comunicación o que destapase a modificación das cualificacións da ex ministra Montón. Polo tanto, non confío na investigación interna da URJC. Entendo que, de motu proprio, non vai adoptar medidas, por iso reclamo que desde fóra, a CRUE, tome as medidas pertinentes.

Tamén, como se defende á universidade pública, é non dando de comer a eses “entes institucionais” (chiringuitos) aos que se referiu o secretario xeral cando falou do CITIC, aos que se deriva neste caso a xestión de convenios, proxectos... Sen ir máis lonxe, por moi públicos que sexan e moi 100% institucionais, están fóra do control interno que si teñen as actuacións propias da universidade.

Líase a cousa porque desde a mesa indícase que están suxeitas a auditorías externas, sinálase desde a representación do PAS que tamén as contas de países como Grecia estaban suxeitas a auditorías e, sen ir mías lonxe, as caixas de aforro deste país tamén estaban auditadas.

Orde do día