As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Roupa de traballo
Un ano máis, a mesma historia. A nós esíxesenos o
cumprimento estrito da normativa, a universidade fai o que quere e non
pasa nada. O ano pasado, porque, enfrascado no día a día, esquecín, por
días, facer a solicitude no tempo sinalado na resolución, denegóuseme a
concesión da roupa, ese mesmo ano o xerente entrega a roupa cando lle da
a gana, con meses de retraso e ese desprezo, non pode ser outra cousa,
non ten consecuencias. Como o ano pasado non se fixo nada, este o señor
Ramón colle carreiriña e tal que parece que xa non nos vai dar a roupa,
uns euriños máis que irán parar aos petos dos de sempre. Outra cousa,
Por que non se cubre a praza de Técnico relacións laborais e acción
social, que se debería ocupar destas cousas?, está visto que é
necesaria, ao mellor non para quen dirixe a universidade ou o servizo
pero para os traballadores, é imprescindible, demóstrase.