• Número 404
  • 24 de setembro de 2018

Uvigo - sentenza

Conversión de contrato de interinidade en indefinido non fixo

Animamos @s traballador@s en situación semellante, cando menos, a revisar a súa situación na asesoría xurídica

Vimos de ter coñecemento da sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Vigo que establece a condición de traballadora indefinida non fixa dunha compañeira que pertencendo ao colectivo de PAS Laboral, Grupo III da Uvigo, coa categoría de técnico especialista de biblioteca, tiña contrato de interinidade en praza vacante desde o ano 2015.

Como xa sinalamos nas asembleas e reunións realizadas, animamos @s traballador@s en situación semellante, cando menos, a revisar a súa situación na asesoría xurídica, para ter coñecemento dos beneficios que a consideración de indefinido non fixo, representa.

Sentenza