Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión coa Xerencia

O pasado xoves, día 20, realizouse unha reunión da
Xunta de Persoal que, como puntos máis importantes, da orde do día tiña
a elección de presidente e secretario e abordar o debate e toma de
decisión sobre a proposta da Xerencia de
xornada, horario de traballo, vacacións, permisos e licenzas
Reunión da Xunta de Persoal
Na reunión comunicamos que se realizara unha
reunión da Comisión de Asuntos Económicos delegada do Consello de
Goberno. Nesta reunión presentóusenos, de novo, un convenio de colaboración entre a
Consellería de Cultura e a UDC para o desenvolvemento de novas accións
de I+D+i, que leva aparellada unha nova encomenda de xestión, neste caso
ao CITIC, xestionado por unha fundación de dereito privado. Como facemos
sempre manifestámonos en contra da externalización de tarefas que son
propias da institución.
A representante da Xunta de PAS no Consello de
Goberno informa que votou en contra da Oferta de Emprego Público e que
reclamou a actuación da universidade diante do concello pola falta de
aparcamento na zona da Reitoría debido á reserva de prazas para
residentes e comerciantes da Cidade Vella.
Xa no desenvolvemento da orde do día.
-
Non se presentan candidat@s para asumir a responsabilidade dos
cargos de presidente e secretario, polo tanto continúan
realizando as funcións as persoas que até o momento os viñan
desenvolvendo. Hai unha proposta de axuda que se analizará na vindeira
reunión.
-
Mesa de negociación. Pola nosa parte consideramos, xa o
sinalamos na Xunta de Persoal e debatémolo co xerente, que non á lugar á
subdivisión da Xunta de Persoal, entendemos que a Xunta de PAS é o
órgano elixido pol@s traballador@s con capacidade legal para abordar
calquera negociación.
-
Acórdase reclamar a recuperación da xornada de 35 horas,
a partir desta circunstancia, mellorar nos aspectos que se contemplan na
proposta que a Xunta de PAS fixo á Xerencia, na reunión realizada o 12
de xullo, e que non se inclúen, na súa totalidade, na proposta de
xornada... remitida pola Xerencia.
- Na
quenda aberta de intervencións
- Para dilucidar as diferenzas existentes na Xunta de
Persoal fálase de recorrer á votación electrónica para
que o colectivo se pronuncie sobre as propostas do cómputo da fase de
concurso nas convocatorias de quenda libre, non se adopta ningunha
decisión aínda que a nós parécenos axeitado.
- Solicitar a modificación da convocatoria de
promocións, para que se adapte ao acordo asinado no ano 2015
- Acórdase reclamar a convocatoria do concurso de
méritos nas prazas do SIC
- Acórdase reclamar, unha vez máis,
a actualización das listas do Convenio de Mobilidade e
instar, de novo, a reunión dos tres xerentes para poñer en marcha o
Convenio.
Reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia
Na reunión co xerente a Xunta de Persoal insta a
recuperación da xornada de 35 horas. O xerente móstrase remiso a abordar
esta cuestión sinalando que iso ten que ser froito dunha negociación e
que, en calquera acto dese tipo, póñense enriba da mesa cuestións que as
partes consideran importantes, cedendo nalgunhas posicións cada parte.
A Xunta de Persoal sinala que cando se efectuaron
recortes de dereitos, os respectivos reitores e xerentes sinalaron que
se vían na obriga de realizalos “por imperativo legal”, e que se
restituirían a medida que fose posible legal e economicamente (nos
recortes de salario). Agora a normativa permite, entre outras cousas, a
recuperación das 35 horas de xornada, corresponde polo tanto o seu
restablecemento.
Non aceptamos que a recuperación dun dereito
estea condicionada á perda doutros!
O xerente queda en estudalo e facer unha proposta.
A Xunta de Persoal reclama as modificacións na
proposta de xornada... remitida polo xerente, para adaptala á proposta
realizada pola Xunta de PAS transmitida na reunión do día 12 de xullo
coa Xerencia.
A Xunta de Persoal reclama a discusión en bloque
de todas as propostas debatidas no Grupo de Traballo de Conciliación e
Acción Social.
Quenda aberta de intervencións
‾
Pregúntase por cando se van a executar as OEP
acumuladas. @s traballador@s queren saber a previsión de
convocatorias para proceder, entre outras cousas á súa preparación.
-
Resposta, convocaranse canto antes, aínda así
non é capaz de establecer datas, nin sequera aproximadas.
‾
Porque o xerente opta nas convocatorias de
concurso-oposición de quenda libre por unha proporción do 70/30
cando se lle transmitira desde a Xunta de Persoal un acordo maioritario
de 80/20?
-
Resposta, respectando a vontade da Xunta de
Persoal e establecendo un criterio propio da Xerencia, para as actuais
convocatorias non se vai reconsiderar pero para as vindeiras estará ao
que sinale a Xunta de Persoal.
‾
Que se realice a corrección de erros na convocatoria
de promocións para especificar que a convocatoria refírese ao
persoal do SIC e o resto de persoal funcionarizado en 2015, senón será
competitiva en categorías que non debería selo.
-
Resposta, entende o xerente que non hai base
legal para modificar a convocatoria nin para establecer un criterio que
evite que se poida presentar quen reúna as condicións da convocatoria.
‾
Cambio de criterio do xerente respecto da valoración
diferenciada da antigüidade. No concurso de méritos xa executado, o
xerente cambiou, de forma unilateral, as bases da convocatoria,
baseándose nun informe da Asesoría Xurídica, para el vinculante,
equiparando a valoración da antigüidade na UDC e noutras
administracións. A convocatoria de concurso-oposición de quenda libre
publicado contempla a valoración diferenciada da antigüidade. Porque a
Xerencia cambia de criterio agora? Que base argumental fundamenta ese
cambio de criterio?
-
Non somos capaces de transcribir a resposta
porque foi un lío no que o xerente se limitou a sinalar que iso era o
que quería a Xunta de Persoal, pero tamén era o acordado na convocatoria
do concurso de traslados que el modificou de xeito persoal sen tratalo
tan sequera co órgano de representación.
‾
Convocatoria urxente do concurso de méritos no SIC
-
Resposta, a convocatoria realizarase acompasando
as promocións coa convocatoria.
‾
Actualización das listas do Convenio de Mobilidade e
instar, de novo, a reunión dos tres xerentes para poñer en marcha o
Convenio.
-
Resposta, As listas actualizaranse de xeito
inmediato polo Servizo de PAS, os xerentes das outras universidades non
teñen interese en poñer en marcha o Convenio de Mobilidade.