• Número 404
  • 24 de setembro de 2018

MODEPEN

Comunicado de rexeitamento da represión exercida en Madrid o pasado día 19

GOBERNE QUÉN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas CONDEA a forza policial e represión sufrida onte polas pensionistas e xubiladas concentradas enfronte do Congreso dos Deputados.

Facer saber a este Goberno, que o Colectivo de Pensionistas e Xubilados o único que exerce é o seu dereito a concentración tal e como é marcado por Lei, e sempre de forma pacífica, polo cal se solicita do Delegado de goberno de Madrid as responsabilidades e respostas pertinentes dos motivos que provocaron semellante actuación das Forzas do Orde ante cidadás maiores e pacíficos.

A cidadanía deste país, estase a reunir para ser oída na súa demanda de protección do Sistema Público de Pensións, reclamando que se respecte como un Dereito Fundamental que é , e que deixe de ser unha manipulación política electoralista. O colectivo quere chamar a atención do deterioro que está a sufrir dito Sistema por parte dos gobernos de turno e que deixará en total desprotección a clase traballadora senón se poñen a traballar nas Cortes.

Agradecer e recoñecer, a solidariedade por parte de algún deputados da Cámara poñéndose a carón dos concentrados. E advertir a aqueles outros do PP, PSOE, C's, PDCat. ... que ignoraron a actuación dos pensionistas nas portas das Cortes e que lle faltan o respecto as súas demandas dentro da propia Cámara e dentro da propia Comisión do Pacto de Toledo.

O día 22 de Setembro apoiaremos os compañeiros/as que se acheguen a Manifestación de Madrid en defensa das pensións públicas e seguiremos nas rúas de todas as cidades do territorio español o próximo día 1 de Outubro, pois por toda a forza policial que se empregue, loitaremos en defensa da recuperación dos nosos dereitos.

"GOBERNE QUÉN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE"

Galiza a 20 de Setembro do 2018