Concentración en Frioya

Este martes 18 de setembro tivemos concentración
diante de FRIOYA, onde a empresa OS CARGADORES
ten o seu centro de traballo. Estivemos alí para denunciar o
despedimento dun compañeiro mentres estaba de baixa por accidente
laboral, accidente
que se produciu polas condicións de continuo risco nas que se traballa.
Pero este non era o único motivo, tamén estabamos
ali para denunciar as condicións de explotación nas que están a
maioría dos traballadores e traballadoras. A CUT xa presentou as
denuncias pertinentes diante da Inspección de Traballo, unha vez
que esta ditamine decidiremos os seguintes pasos a dar.
A historia en OS CARGADORES comezaron a escribila
as traballadoras e traballadores, a etapa da explotación rematou, a
empresa debe tomar nota, e de nada lle valerán os seus cómplices de
CCOO e UGT.
NON AOS DESPIDOS!
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!