Pescanova chamou á Policía Nacional; a Fiscalía reprime

No ano 2017 houbo unha folga no
GRUPO PESCANOVA, a primeira en toda a súa historia pola
negociación do convenio. Foi posíbel grazas ao esforzo de todas
as compañeiras dos diferentes centros de produción e ao esforzo
dos comités para manter a unidade sindical da que só se
desmarcou CCOO.
Ao amencer frío daquela primavera, xuntáronse os
homes e mulleres para facer os piquetes informativos,
piquetes que a empresa sabía que tiñan pouca labor porque nos días de
folga tiveron que parar a produción por falta de man de obra. Xuntáronse
con eles 15 leiteiras da Policía Nacional coma se dun
estado de sitio se tratara. A misión destes defensores do
capital non era outra que crear un clima de tensión e violencia para
sacar o que eles teñen por cerebro, a porra. E así aconteceu,
houbo unha muller que pisou fóra da liña imaxinaria que trazara o corpo
armado e un valente vestido de azul, con caso e porra optou por tirarse
violentamente contra ela. Nese momento, o delegado da CUT Luís
Bar, tentou separalo para evitar males maiores e a
reacción do corpo do estado non foi outra que a violencia. O resultado
foi que detiveron a Luís.
A semana pasada tivemos coñecemento da
petición da FISCALÍA, 1 ano e 9 meses de cadea por atentado e 1
ano por cada unha das lesións, en total pídenlle 3 anos e 9
meses de prisión e 4.680 euros de multa. Nada nos estraña deste
Estado represor, tan só facemos saber que a culpa última desta
situación é de PESCANOVA, porque foi ela que chamou á policía cando
sabían que non había risco algún para a integridade de persoas e bens.
A CUT fará pública a súa campaña solidaria e dará
boa conta de quen é cada quen nesta historia.