• Número 404
  • 24 de setembro de 2018

Universidade

A Universidade sucursal bancaria

24 de setembro de 2018 | Tod@s somos conscientes de que os partidos do sistema, mediante a súa actuación institucional, abren o campo para que o capital (do que eles son fieis servidores) amplíe o seu nicho económico. A universidade non está fóra do seu marco de actuación e así, nesta última época, créanse as condicións adecuadas para que estes depredadores, a través das entidades bancarias, metan as súas garras nunha institución que, incluso no estado capitalista, debería servir de ascensor social, converténdoa nun negocio máis e, de paso, facela, se cabe, máis elitista.

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión coa Xerencia

24 de setembro de 2018 | O pasado xoves, día 20, realizouse unha reunión da Xunta de Persoal que, como puntos máis importantes, da orde do día tiña a elección de presidente e secretario e abordar o debate e toma de decisión sobre a proposta da Xerencia de xornada, horario de traballo, vacacións, permisos e licenzas

Universidade

Día 25, nova reunión do Consello de Goberno

24 de setembro de 2018 | O vindeiro martes, día 25 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, como facemos habitualmente poñémonos á vosa disposición para trasladar nesa sesión o que consideredes importante transmitir á comunidade universitaria.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

24 de setembro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Uvigo - sentenza

Conversión de contrato de interinidade en indefinido non fixo

24 de setembro de 2018 | Vimos de ter coñecemento da sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Vigo que establece a condición de traballadora indefinida non fixa dunha compañeira que pertencendo ao colectivo de PAS Laboral, Grupo III da Uvigo, coa categoría de técnico especialista de biblioteca, tiña contrato de interinidade en praza vacante desde o ano 2015.

CUT

VII Conferencia Nacional: situando o futuro

24 de setembro de 2018 | O pasado sábado 15 de setembro celebrouse a VII Conferencia Nacional da CUT na localidade de Aldán en xornada de mañá. O debate e as conclusións finais da Conferencia foron o paso último dun proceso que se abriu con anterioridade nas asembleas comarcais baixo o lema “Situando o futuro”. O debate foi enriquecedor e contrastou análises dende diferentes ópticas ata chegar a conclusións comúns.

CUT

Concentración en Frioya

24 de setembro de 2018 | Este martes 18 de setembro tivemos concentración diante de FRIOYA, onde a empresa OS CARGADORES ten o seu centro de traballo. Estivemos alí para denunciar o despedimento dun compañeiro mentres estaba de baixa por accidente laboral, accidente que se produciu polas condicións de continuo risco nas que se traballa.

CUT

Pescanova chamou á Policía Nacional; a Fiscalía reprime

24 de setembro de 2018 | No ano 2017 houbo unha folga no GRUPO PESCANOVA, a primeira en toda a súa historia pola negociación do convenio. Foi posíbel grazas ao esforzo de todas as compañeiras dos diferentes centros de produción e ao esforzo dos comités para manter a unidade sindical da que só se desmarcou CCOO.

CUT - CRTVG

A maioría do cadro de persoal da CRTVG pide o arquivo do expediente disciplinario a Tati Moyano

24 de setembro de 2018 | As traballadoras e traballadores da Radio Galega e a Televisión de Galicia presentaron o día 17, 562 sinaturas pedíndolle ao Director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, o arquivo inmediato do expediente disciplinario iniciado contra Tati Moyano e que se proceda á súa rehabilitación pública e profesional.

CUT

Solidariedade coa activista mapuche Moira Millán

24 de setembro de 2018 | Distintos sindicatos de clase e alternativos presentamos onte, na Embaixada da Arxentina en París, un escrito esixindo a absolución da activista mapuche Moira Millán. O Goberno arxentino pretende exemplarizar nela a represión contra este pobo orixinario de América do Sur.0

CUT - Alternativas na Xustiza

AXG-CUT esixe a negociación en mesa sectorial dos plans de actuación

24 de setembro de 2018 | A “democracia” é una forma de convivencia social que obriga @s galeg@s, tanto @s que votaron o Partido Popular, como @s que non, a asumir que o presidente da Xunta é Nuñez Feijoo.

CUT - CRTVG

A estratexia da mentira e do rodillo

24 de setembro de 2018 | A xuntanza celebrada o día 20 entre o Intercentros e a dirección de RR.HH. valeu basicamente para verificar a escasa vontade negociadora da empresa. O obxectivo da dirección coas xuntanzas non é chegar a acordos de boa fe, senón tentar salvar a papeleta para dar a impresión de que está a cumprir os acordos da arbitraxe celebrada no AGA.

Medios

A independencia dos medios e as radios libres

24 de setembro de 2018 | Hoxe en día, con tantas canles de televisión que existen e o acceso á información a través da rede, fálase moito de se esta ou aquela tele é máis independente ou máis progresista, máis conservadora, máis liberal, alternativa, moderna...que as outras.

061 classe trabalhadora CUT greve

Andrea Lamas, trabalhadora do 061: “O capitalismo conseguiu diluir a classe em setores”

24 de setembro de 2018 | O 061 está em greve. A pesar dos serviços mínimos abusivos do 100%, as trabalhadoras do 061 levam articulando desde o 1 de agosto um ciclo de luitas, concentraçons e medidas de pressom para conseguir compensaçons acordes as problemáticas ocasionadas polo traslado forçoso do seu centro de trabalho até a Estrada a mais de 30 quilômetros da atual localizaçom no edifício de Sam Marcos em Santiago de Compostela.

Pensionistas

As ocultas razóns do ex ministro Carlos Solchaga para emprendela contra os pensionistas

24 de setembro de 2018 | Detrás de cada declaración, de cada posicionamento político, escóndese sempre unha razón, un motivo. A determinados niveis institucionais nada carece de obxectivo. Sempre existe algún tipo de motivación que se pretende manter oculto. As últimas declaracións do ex ministro Carlos Solchaga non son unha excepción.

Educación pública

O peche no IES de Brión cumpre unha semana

24 de setembro de 2018 | A ANPA destaca que cada día son menos as e os alumnos que asisten ás aulas no instituto e que o apoio das familias é unánime

Denuncia

Pena de morte encuberta no Reino de España?

24 de setembro de 2018 | É ben coñecido o costume de utilizar as execucións masivas durante a guerra civil posterior ao golpe militar en España e durante a ditadura. Durante o réxime feixista, tamén foron menú habitual as condenas a pena de norte e a execución das mesmas. E cando máis tarde que cedo chegou a tan ansiada democracia ao Reino de España, desapareceu (aparentemente) a pena de morte.

Crise estafa

Despedir a un traballador é hoxe un 64% máis barato que fai seis anos

24 de setembro de 2018 | O avance do emprego temporal, a conxelación dos salarios e o recorte das condicións económicas dos despedimentos provocan unha caída en picado dos resarcimentos aos traballadores

Foro Galego de Inmigración

En defensa dos nosos veciños e veciñas manteiras

24 de setembro de 2018 | Nun marco no que parece que se pretende presentar a migración como un gran problema europeo e mesmo como un gran problema para o Estado Español, en contra dos datos da realidade que mostran de forma clara que non existe tal incremento nin sequera nas chegada vías marítimas, xa que se empregan datos comparativos cos anos inmediatamente anteriores (2017 e 2016), nos que as cifras foron anormalmente moi reducidas..

SAT

SAT de Cádiz ante o caso da venda de armas a Arabia Saudita

24 de setembro de 2018 | Declaración do SAT de Cádiz ante o caso da venda de armas a Arabia Saudita e a súa implicación en Navantia San Fernando

Lingua - Marcos Abalde

O primeiro dia de escola

24 de setembro de 2018 | Chama-se Brais. Tem três anos. Hoje começa a escola. Vai ao CEIP do Corgo. Brais fala galego. O Corgo é um município gadeiro de 3.523 habitantes. A mestra organiza umha reuniom com as famílias. Explica que vai ensinar a ler e escrever em castelhano porque eles falam "galego dialetal".

MODEPEN

Comunicado de rexeitamento da represión exercida en Madrid o pasado día 19

24 de setembro de 2018 | O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas CONDEA a forza policial e represión sufrida onte polas pensionistas e xubiladas concentradas enfronte do Congreso dos Deputados.

Represión

“Prefiro pasar 7 meses dentro que darlle un peso a un policía que desafiuza familias”

24 de setembro de 2018 | A pesar de que o non pago da indemnización supoñería o seu ingreso en prisión, Jorge manifestou a súa intención de non pagala. Segundo manifestou o seu colectivo, Distrito catorce, nun comunicado “dos nosos petos non vai saír un só euro para unha persoa que, ademais de mentireira, se dedica a desafiuzar familias”

Represión

Saúl, de La Insurgencia: “Non aceptamos nin un día de prisión por facer cancións”

24 de setembro de 2018 | Saúl Zaitsev, membro do colectivo La Insurgencia, anuncia nesta entrevista con Público ‘’ que recorrerán a sentenza da Sala de Apelacións da Audiencia Nacional que rebaixa a pena de prisión de dous anos de cárcere que pesaba sobre o colectivo a seis meses e un día.

Música

"Non me toques os borbóns" (vídeo)

24 de setembro de 2018 | "Xaque ao Rei" é o último traballo do coñecido grupo madrileño de punk *Ska-*P. Co seu habitual estilo irreverente *Ska-*P recupera a crítica contra a monarquía e os Borbóns con este divertido pero á vez certeiro tema musical, xusto cando a esquerda institucional e parlamentaria optou por aceptar a "operación sucesión" na figura de Felipe VI

O DÍA 1 DE OUTUBRO. DÍA DO MAIOR E QUE SE REIVINDICA A DEFENSA DOS MAIORES A NIVEL MUNDIAL. GALIZA TAMÉN PARTICIPARÁ EN DITAS REIVINDICACIÓNS. QUÉN DESEXE PARTICIPAR E IR A SANTIAGO DE COMPOSTELA PODEDES APUNTARVOS NO AUTOBUS NO EMAIL: modepen2016@gmail.com

Non faltes!

Videos