AXG-CUT esixe a negociación en mesa sectorial dos plans de actuación

A “democracia” é una forma
de convivencia social que obriga @s galeg@s, tanto @s que votaron o
Partido Popular, como @s que non, a asumir que o presidente da Xunta é
Nuñez Feijoo.
Do mesmo xeito, coa “democracia” asumimos tódol@s
traballador@s do colectivo da xustiza que vostede é (catro meses despois
de rematar “en falso” a folga) e segue a ser, o
Director Xeral de Xustiza, posto que, a pesares da súa pésima xestión
nos tres meses de folga na xustiza galega, de negociar de xeito
“paralelo” cos catro pseudosindicatos que tan cómodos estaban en petit
comité con vostede e ás costas d@s traballador@s, (tal e como recoñeceu
en distintos medios de comunicación) e de non ter nin a
capacidade, nin a lexitimación (á vista dos feitos acontecidos) para
ostentar o cargo, vostede segue sendo o Director Xeral
Preme na imaxe para ver