• Número 402
  • 17 de setembro de 2018

CUT

O sindicalismo comprometido co dereito á autodeterminación e contra a represión

Desde os sindicados asinantes solidarizámonos coas persoas presas, exiliadas e perseguidas, tamén coas súas familias, seres queridos e compañeiras de organización. Esiximos a súa liberdade e o fin da súa persecución

O 1 de outubro  do 2017 o pobo catalán exerceu o dereito de autodeterminación que xa se iniciou hai anos. Desde as consultas populares que empezaron no 2009, pasando pola consulta do 9 de novembro  de 2014 ou as 18 veces que se pediu ao Estado a posibilidade de facer un referendo.

Os sindicados asinantes estivemos xunto ao pobo catalán para defender o dereito a decidir libremente o seu futuro.

Os sindicados soberanistas cataláns impulsaron as folgas do 3 de Outubro  e o 8 de Novembro , tanto para mellorar as condicións de vida da clase traballadora como para defender as súas liberdades sociais e laborais.

O aparello do Estado Español está a desenvolver unha ofensiva represora contra diferentes sectores do movemento pola autodeterminación de Catalunya : representantes políticos, activistas de l' ANC, Ômnium ou dos CDRs. Algunhas destas persoas levan practicamente un ano en prisión sen xuízo, outros no exilio. A pesar disto , a represión non acaba aquí: docentes, persoal bombeiro e artistas tamén son perseguidas co único obxectivo de xerar medo para así tentar tranquilizar o movemento pola a autodeterminación de Catalunya .

O sindicalismo tamén sufriu e sofre represión cando loita. Bódalo, Alfon,, Sidil, Molero e, outros moitos sindicalistas encarcerados para defender os dereitos. É por isto  que sabemos que se o Estado é capaz de impor  a súa represión nun lugar séntese con máis forza para reprimir noutro, sobre todo cando se intensificou a complicidade ideolóxica de certa esquerda política. Se a ofensiva represiva e o recorte de dereitos se consolida en Catalunya , acabarase normalizando tamén no resto do Estado, motivo polo cal temos que defender sen fisuras o dereito á folga  e o fin da persecución de quen o exerceron o outono pasado.

Desde os sindicados asinantes solidarizámonos coas persoas presas, exiliadas e perseguidas,  tamén coas súas familias, seres queridos e compañeiras de organización. Esiximos a súa liberdade e o fin da súa persecución.

Hoxe, cando se achega o aniversario do 1 de outubro, as organizacións asinantes reafirmámonos no que xa dixemos o ano pasado.

O dereito ao voto é un dereito fundamental para calquera sociedade que queira resolver democraticamente calquera conflito de forma xusta e participativa.

1.    O conflito político aberto entre Catalunya e o Estado Español só pode resolverse a través dun referendo onde o pobo catalán poida decidir libremente o seu futuro político.

2.    Foron as negativas continuas do Estado Español a iniciar un proceso que acabe nun referendo pactado en Catalunya  as que obrigaron ao Parlamento de Catalunya a convocar de forma unilateral un referendo de autodeterminación o 1 de outubro  de 2017.

3.    En ningún caso pode ser a vía da prohibición, a represión ou a xudicialización a resposta que dea o Goberno do Estado Español aos desexos de liberdade do pobo catalán.

Como sindicatos somos conscientes que a loita da clase traballadora de Catalunya polas liberdades é unha loita central para romper coa monarquía e os restos do franquismo que non se eliminaron durante a transición.

Comprometémonos a acompañar esta loita  desde o noso territorio e nos centros de traballo .

A solución do conflito en Catalunya pasa polo respecto á vontade do pobo catalán.

Barcelona, 10 de setembro de 2018