Saneamento Si. Estafa Non

SANEAMENTO SI, ESTAFA NON
A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola
Remunicipalización, deu unha Rolda de Prensa, este xoves 13 de marzo de
2018, na Casa do Concello de Ferrol, para dar a coñecer a posición desta
Plataforma, despois dos últimos acontecementos coa publicación no BOP, o
pasado 10 deste mes de setembro, do
edito coa resolución do alcalde Jorge Suárez, con data 20 de agosto
de 2018, onde se dá conta da aprobación das liquidacións comprendidas
nos padróns de contribuíntes, presentados por EMAFESA (empresa mixta de
augas de xestión privada), polo servizo de “Depuración de augas
residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos
dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017 (27 meses), o que
supón o cobro á veciñanza de 6.162.899,79 euros (IVA incluído), período
onde non se daba o feito impoñíbel, dado que foi o 3 de abril de 2017
cando se puxo a funcionar o proceso de depuración coa maioría dos
interceptores conectados, facendo con esta resolución
todo o contrario do dito en 28 de maio deste mesmo ano, como en
innumerábeis ocasión anteriores, e mesmo no programa de goberno [1].
A Rolda de Prensa nos medios:
Auga - 2018.09.13 - Galici@Press|
Convocan en Ferrol unha mobilización para rexeitar o cobro con carácter
retroactivo da taxa de saneamento. | Europa Press | xoves, 13 de
setembro de 2018, 18:22. | A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos
insta a Jorge Suárez a dimitir por tomar esta decisión. | O
portavoz da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos de Ferrol,
Alexandre Carrodeguas, mostrou a súa oposición á decisión do goberno
de Jorge Suárez de "intentar pasar ao cobro a taxa do servizo
de depuración con carácter retroactivo". |
Ir á Web.
Auga - 2018.09.14 - Diario de
Ferrol | Chaman a unha manifestación masiva polos "saqueos" do
saneamento. | O cobro, anunciado no BOP, da taxa de saneamiento desde
xaneiro do ano 2015, a partir do próximo mes de xuño supón, para a
Plataforma en defensa dúas servizos públicos e pola remunicipalización
un punto de inflexión e algo que a cidadanía "non pode asumir". |
Ir á Web.
Auga - 2018.09.14 - La Voz de
Galicia. | A Plataforma denuncia a falta de fiscalización da
empresa. | Acusa ao alcalde de inacción ante "unha cara máis da
mafia da agua e o saneamento no Estado español". | "Non se pode nin
pensar que poidan sair dos noso petos máis de cinco millóns de euros
para sanear unhas contan que ninguén fiscalizou". Así o apuntó onte
Lupe Ces nun acto da Plataforma pola Remunicipalización na entrada
do consistorio ferrolano, no que se recriminou ao alcalde, Jorge
Suárez, a súa inacción ante a que cualificaron de "unha cara
máis da mafia da auga e do saneamento no Estado español". |
Ir á Web.
Documentos anexos da campaña informando aá
veciñanza barrio por barrio:
Modelo de impreso para recoller sinaturas. |
Acceder/Baixar.
Modelo de cartaz para as convocatorias, |
Acceder/Baixar.
Folla Informativa. |
Acceder/Baixar.
Comparecencia da Plataforma na Solicitude de
apertura de expediente administrativo a Emafesa por presuntas
irregularidades na facturación con lecturas estimadas irregulares. |
Rexistrado o 27 de xuño de 2018 |
Acceder/Baixar.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA
REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
https://artabra21.blogspot.com/2018/09/saneamento-si-estafa-non-plataforma-deu.html