@s pensionistas convocan mobilizacións o día 17 de setembro

Compañer@s; as mobilizacións e a presión constante
que entre tod@s exercemos estes dias na campaña #IPCélPC, conseguiu que
de momento se aprace a decisión ao mércores próximo. Iso é suficiente?
Non, sen dúbida non o é, debemos de seguir coa
presión a lume de biqueira, temos que envorcarnos no
vindeiro luns 17 e deixar ben reflectido nas nosas
concentracións, que os partidos que voten a favor de desvincular a
subida das pensións do IPC pagasen un custo por iso .
Queremos pedirvos un esforzo máis, queremos
pedirvos que aportedes ideas que poidan ser orixinais e potentes, esta
Coordinadora non está soa, sodes tod@s vosoutr@s, @s miles e miles de
pensionistas concienciad@s do desastre que significaría non defender o
noso Sistema Público de Pensións.
Agradecémosvos de corazón un esforzo máis, para que
as teorías neoliberais non prosperen. Sabemos que o IPC non o é todo,
pero é unha parte importantísima da nosa loita, pensar que é máis que
probable, que a inflación se sitúe a partir de agora
en torno ao 2 ou 2'5%, iso para @s pensionistas sería moi duro, se pola
porta de atrás nos coan de novo o 0'25 % de subida,
ou o que é o mesmo o Factor de Sustentabilidade .
Ánimo compañer@s, fagamos tod@s un esforzo máis,
eles saben tamén que se a están xogando.
Na Coruña a concentración será ás 19:30 horas no
Obelisco
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE!!