A Audiencia española rebaixa a condena de Pablo Hasél, pero terá que entrar en prisión

A sala de apelacións da Audiencia española rebaixou
a pena de prisión a Pablo Hasél a nove meses e un día. O mesmo tribunal
condenárao a dous anos e un día por enaltecemento do terrorismo con
agravante de reincidencia, inxurias e calumnias contra a coroa. O
rapeiro tamén foi condenado a unha multa de 24.300 euros. A sala de
apelacións descarta os delitos de inxurias e calumnias, pero mantén o de
enaltecemento de terrorismo.
Segundo os maxistrados que revisaron a condena, os
twitts de Hasél eran unha manifestación do discurso do odio, con todo,
consideran que hai argumentos para reducir a condena, como que a banda
ETA xa non está activa. O tribunal rebaixa a pena ata o mínimo previsto
no código penal. De feito, na sentenza, un maxistrado emitiu un voto
discrepante asegurando que os twits amparábanse no dereito de liberdade
de expresión.
En 2014, Hasél xa foi condenado por enaltecemento
do terrorismo e recibiu unha pena de dous anos de prisión pola letra das
súas cancións. Esta pena, sumada á actual, non evita que teña que
ingresar en prisión.
O rapeiro denunciou en Twitter que a decisión da
Audiencia española fíxose pública a través dos medios. ‘Aínda non
informaron o meu avogado’, escribiu. Hasél tamén asegura descoñecer se o
tribunal lle revogou a multa. A primeira sentenza especificaba que a
pena aumentaba un ano e medio de prisión se non facía o pago.
Aún no han informado a mi abogado, me entero por medios que han rebajado mi última condena a 9 meses, sin saber si el otro año y medio de pena-multa sigue. Tengo otra condena firme por lo mismo de 2 años, antecedentes que están ocultando varios medios. Esperando info del abogado.
Nun segundo twitt, Hasél denunciou que a Audiencia
española quere ‘frear o escándalo e a solidariedade’ en difundir aos
medios que non entrará en prisión, escondendo os dous anos polos que foi
condenado en 2014.
Buen truco de la Audiencia Nazi-onal difundir a los medios que no voy a entrar en prisión, ocultando los 2 años a los que me condenaron por lo mismo que se suman y sí entro. Así quieren frenar el escándalo y la solidaridad.
https://www.vilaweb.cat/noticies/laudiencia-espanyola-rebaixa-a-condemna-de-pablo-hasel-i-de-moment-non-haura-dentrar-a-preso/
Recollido de:
http://kaosenlared.net/la-audiencia-rebaja-a-9-meses-la-condena-a-pablo-hasel-por-enaltecer-el-terrorismo/