• Número 402
  • 17 de setembro de 2018

Opinión - Óscar Reina Gómez

Diarrea Nazional

Sirva este escrito como apoio público a Willi Toledo e a tod@s os represaliad@s por defender un mañá mellor

Que neste Reino de España, gobernado por corruptos, ladróns, embusteiros e traidores, que algúns están nos seus cargos herdados "pola graza de deus", te citen a Declarar precisamente por "cagarte en deus", e que, aínda por riba, che neguen o Dereito a Declararte Insubmiso e Rebelde ante esta absurda pero real situación, é como mínimo para facer unha cagada colectiva a todos os "santos" deste Réxime do 78, como solidariedade e protesta ante tal basta inmundicia.

Dito isto: Cágome en deus, na virxe, e na igrexa; cágome en todos os curas violadores e pederastas; cágome na casa real, en Juan Carlos e Felipe de Borbón; cágome en Franco e na súa tumba impune e xenocida; cágome en Queipo de LLanos e en todos os seus defensores; cágome en quen manteñen este réxime corrupto do 78.

Cágome en quen rouban as pensións aos nosos avós; cágome en quen permite os desafiuzamentos e tamén en quen desafiuza; cágome en quen negou aos meus irmáns de Catalunya elixir o seu futuro e encima encarcerounos; cágome nos Mestrados falsos, en quen os falsifica e en quen se aproveita; cágome nos recortes en Educación e en Sanidade; cágome nos bancos, e en quen xerou unha crise para estafarnos; cágome en María Claver, Inda, Marhuenda, Urdangarín e Marichalar.

Cágome en quen reprime por loitar pola liberdade; cágome no sistema cando detivo e/condenou ao exilio a Alfon, Nahuel, Bódalo, Molero, Boro, Hasel, Valtonyc, Anna Gabriel, Junqueras, aos de Altsasu, máis un longo etcétera e ás súas familias; cágome no Terrorismo Machista, en quen o fomentan, o permiten, calan e outorgan; cágome por ti, por min e por aquel, cágome por quen lle roubaron a voz, polo que quedou só e o que morreu sen saber.

Cágome en nome de tod@s @s machacad@s e olvidad@s por este réxime corrupto.

E agora que me deteñan por ESCRIBIR que me cago, por facer un enaltecemento supremo da Diarrea narrada como denuncia, un enaltecemento da conciencia en definitiva, porque fai falta moito abono para que crezan as árbores da Liberdade, secuestrada aquí desde 1936.

Sirva este escrito como apoio público a Willi Toledo e a tod@s @s represaliad@s por defender un mañá mellor.

Óscar Reina Gómez, activista, represaliado político, obxector de conciencia e insubmiso xudicial andaluz.

Texto completo en: https://www.lahaine.org/diarrea-nazional