• Número 402
  • 17 de setembro de 2018

Ensino público

Novo curso, novas irregularidades

Os sindicatos denuncian irregularidades e a Xunta, pola contra, destaca "total normalidade"

Comeza un curso escolar máis o noso país e a educación pública segue a ter graves eivas que non se dan solucionado. Unha das máis importantes é unha profunda redución económica que provoca grandes prexuízos ao alumnado como comenta a Nós Televisión o secretario de organización do sindicato educativo STEG, Diego Pérez Castro.

O sindicato educativo STEG denuncia que mestres e profesores comezan a traballar antes de ser dados de alta

Pérez explica a Nós Televisión que xa teñen casos de profesores que accederon a traballar antes do inicio do seu contrato para non perxudicar ao alumnado. Nun deles o docente tivo un percance ao desprazarse ao centro de ensino, situación que non lle constará como accidente laboral.

A Xunta, ao seu

Pola contra, esta mañá o conselleiro de Cultura e educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, destacou que o comezo de curso sempre é unha data “alegre” e, malia as denuncias presentadas por parte dos sindicatos, os servizos escolares públicos galegos comezaron cunha “enorme normalidade”

https://nostelevision.gal/novo-curso-novas-irregularidades/