Aborto para todas

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das
Mulleres lanzamos este 28 de Setembro unha campaña nacional pola
derrogación da modificación lexislativa feita polo PP no ano 2015 e que
obriga ás mulleres de 16 e 17 anos ao consentimento paterno/materno para
abortar.
Este 28S queremos recuperar o aborto libre,
gratuíto e na seguridade social para todas logo do paso atrás dado no
2015.
Ademáis reivindicamos que a Xunta de Galiza asuma
as súas competencias e garanta:
- Educación afectivo sexual obrigatoria no
curriculo escolar. Hoxe existe en primeiro da eso unha materia de libre
configuración cunha hora lectiva á semana
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160804/AnuncioG0164-210716-0001_es.html
e agora unha nova materia de libre configuración para primeiro de
bacharelato
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180830/AnuncioG0164-170818-0001_es.html.
O único que se cursa de xeito obrigatorio é Bioloxía e Xeoloxía en
terceiro da ESO onde se explica a reprodución humana mas sen contido
específico sobre dereitos sexuais e reprodutivos.
- Programas de divulgación e información sobre
dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIMM. Hoxe non existe
ningunha liña nacional específica de traballo en relación á saúde sexual
e reprodutiva das mulleres, dereitos, maternidades, anticoncepción, etc
e cada centro depende do persoal que o xestiona e do goberno local de
turno para implementar programas nesta materia. Ademáis co decreto dos
CIMM increméntase a poboación a atender polos mesmos e non se abren
liñas de finanzamento para novos programas/actividades.
- Acceso a anticonceptivos gratuitos nos Centros
Quérote +. Aí onde as traballadoras dos Centros Quérote non manteñen o
impulso de campañas e liñas de traballo en relación coa saúde sexual e
reprodutiva, a identidade afectivo sexual e a anticoncepción estas
campañas baixan a súa intensidade. Coa chegada do PP os Centros Quérote
pasaron a adicarse en exclusiva á educación sexual e asumiron temas como
desordes alimentarios, drogodependencias, acoso e convivio, uso
responsábel das novas tecnoloxías e condución responsábel. O que minguou
os tempos empregados para a educación afectivo sexual. Reclamamos que
esta volte ser unha prioridade asi como o acceso a anticonceptivos unha
das funcións principais destes espazos.
Faremos mobilizacións en:
Ourense, 20h Delegación de Educación (rúa Concello)
Val Miñor, 20h Alameda da Ramallosa (Nigrán)
A Coruña, 20h Obelisco
Ferrol, 20h diante do Concello
Vigo, 20h na Porta do SoL
As Pontes, 19.30h na Praza do Hospital.
En FB
Marcha Mundial Mulleres Galiza/facebook
Animamos a sumar localidades/colectivos feministas
a esta campaña!!!