• Número 403
  • 17 de setembro de 2018

Universidade

Descrédito da institución universitaria

17 de setembro de 2018 | A credibilidade da universidade como institución, xa historicamente moi comprometida por actuacións inapropiadas, inxustas e ilegais entre as que salienta a endogamia (práctica segundo a cal un grupo de individuos rexeita ou nega a incorporación de individuos alleos ao propio grupo). No ano 2014 educación calculaba que o 73% do persoal docente formábase no centro onde estaba contratado.

Universidade

Actualidade

17 de setembro de 2018 | Como vos adiantamos en anteriores boletíns, a Xerencia e a Xunta de Persoal pecharan un acordo de convocatoria das promocións sen mobilidade correspondentes ao ano 2017, este acordo publicouse no DOG do xoves, día 13 de setembro. No DOG do día 14 de setembro publícanse, á súa vez, as convocatorias de quenda libre de Oferta de Emprego Público do ano 2015, sobre as convocatorias desta OEP xa nos pronunciamos.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 17 a 19 horas

17 de setembro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 17 até as 19 horas (para posibilitar a asistencia á concentración que por unhas pensións dignas convoca MODEPEN, organización galega de pensionistas). Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

CUT da Consellería de Política Social

Residencia Asistida de Maiores de Oleiros. Criterio uniforme para todos e todas as traballadoras na adxudicación de andar no centro de traballo

17 de setembro de 2018 | CUT da Consellería da Política Social ven de remitir ao director da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros o desacordo coa asignación de andar que se está a realizar no centro sen que exista un criterio coñecido nesa asignación. A nosa central sindical aproveita a comunicación para solicitarlle ao director da residencia unha reunión para tratar importantes temas pendentes.

CUT

VII Conferencia Nacional (15 setembro, Aldán): situando o futuro

17 de setembro de 2018 | O pasado sábado 15 de setembro celebramos a VII Conferencia Nacional da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras, unha importante cita que reuniu en Aldán, de 10 a 14 horas, á afiliación da CUT de todo o país para debater e acordar determinados asuntos que nos permitirán ir “situando o futuro” do sindicalismo que queremos exercer e defender.

CUT - Alternativas na Xustiza

Novo xesto de desprezo da Xunta: segue a manter a suspensión na bolsa de horas

17 de setembro de 2018 | Tres meses despois de presentar AXG-CUT, o pasado 12 de xuño, escrito solicitando que se alzase a suspensión provisional acordada de xeito unilateral por parte da DXX, no día de hoxe presentamos novo escrito: a falta de 3 meses para rematar o ano, entendemos que é hora xa de que sexa coherente e deixe de castigar @s traballador@s da xustiza galega.

CUT - CRTVG

Xuntanza C. Intercentros - empresa: a empresa segue coa liquidación progresiva da produción propia

17 de setembro de 2018 | Na xuntanza celebrada hoxe, 10 de setembro, entre o Comité Intercentros e a empresa, o responsable de programación expuxo sen ningún pudor uns cambios e novidades na programación da TVG que certifican o plan desta dirección para erradicar a produción propia da televisión pública de Galicia.

Loita obreira

@s traballador@s de Atento maniféstanse contra 20 anos "precariedade e explotación laboral"

17 de setembro de 2018 | Traballadores e traballadoras da compañía Atento da Coruña realizaron o pasado luns, día 10, unha manifestación que, partindo da empresa, percorreu as rúas máis céntricas da cidade, contra a "precariedade e a explotación laboral" no marco dun calendario de protestas que levan a cabo desde o pasado mes de maio. A mobilización continuará coa convocatoria de 24 horas de folga que @s traballador@s realizarán o vindeiro luns, día 17.

CUT - CRTVG

O Comité Intercentros valora positivamente a manifestación do sábado 8-s e os sindicatos testarán se hai motivos e forzas para convocar unha folga

17 de setembro de 2018 | O comité intercentros reuniuse hoxe, día 13 de setembro, para valorar a manifestación do pasado sábado "Pola dignidade dos medios públicos de comunicación" e a situación xeral da empresa. Todos os sindicatos valoramos positivamente a mani pola súa repercusión mediática, detectando tamén as eivas ou problemas para mirar de corrixilos.

Administración Autonómica

Feijoo quere seguir nomeando as xefaturas a dedo

17 de setembro de 2018 | A Xunta ven de anunciar a bombo e prato que 591 postos, até agora cubertos a dedo, pasarán a se ocupar mediante concurso específico, intenta maquillar, deste xeito, o escándalo que supoñía o uso desaforado que da libre designación se facía na administración autonómica. O que aparenta ser unha forma menos discrecional de acceso aos postos xefatura, na práctica permite facer o mesmo, cámbiase o procedemento para ter o mesmo resultado.

Loita social

A veciñanza de Touro e O Pino esixe "transparencia" e control ambiental por parte das Administracións

17 de setembro de 2018 | Nas páxinas web dos concellos de Touro e O Pino non existe documentación algunha sobre as Actas de Acordos Plenarios ou da Xunta de Goberno Local. Tampouco hai documentos sobre o réxime de retribucións das persoas que forman parte das corporacións.

Denuncia

Homofobia e racismo lideran os delitos de odio rexistrados en Galiza, que acumulan 166 vítimas en tres anos

17 de setembro de 2018 | Homofobia e racismo lideran os delitos de odio rexistrados en Galiza, que acumulan 166 vítimas en tres anos. O 40% dos delitos de odio realízanse pola orientación ou identidade sexual da vítima e 17% pola súa condición de inmigrantes ou cor de pel.

CUT

O sindicalismo comprometido co dereito á autodeterminación e contra a represión

17 de setembro de 2018 | O 1 de outubro do 2017 o pobo catalán exerceu o dereito de autodeterminación que xa se iniciou hai anos. Desde as consultas populares que empezaron no 2009, pasando pola consulta do 9 de novembro de 2014 ou as 18 veces que se pediu ao Estado a posibilidade de facer un referendo.

Loita social

Máis de ano e medio de acampada en busca dun teito

17 de setembro de 2018 | Diversos colectivos sociais xunto a moitas das persoas sen teito da cidade de Vigo acampan na Praza do Rei, diante do Concello, desde o 17 de febreiro de 2017. Fano en sinal de protesta pola administración dos albergues da cidade. No pasado mes de agosto cumpriuse ano e medio de acampada desde que empezou a protesta.

Ferrol - Remunicipalización

Saneamento Si. Estafa Non

17 de setembro de 2018 | A Plataforma deu unha rolda de prensa na Casa do Concello de Ferrol despois da publicación no BOP das liquidacións de 27 meses de taxa de depuración, presentados por Emafesa e ratificados polo Goberno Municipal, por un período onde non estaba aínda en funcionamento o sistema de saneamento e depuración - Continuara-se coa campaña de achegamento á veciñanza barrio por barrio, durante este mes de setembro e a primeira quincena de outubro e realizara-se unha manifestación o 18 de outubro por un recibo da auga xusto, contra o saqueo á veciñanza e polo rescate para o público do servizo hoxe en mans dunha multinacional privada

Movementos sociais

A Fiscalía estima que a Xunta vulnera os dereitos fundamentais de CUAC ao impedirlle emitir por FM

17 de setembro de 2018 | Hai case un ano, o 29 de setembro de 2017, coñecíase a incoación dun procedemento sancionador por parte da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia contra CUAC FM, emisora comunitaria coruñesa que levaba 21 anos en antena.

Sanidade pública

Feijóo reacio a abrir unha investigción sobre a morte dun paciente no PAC da Estrada

17 de setembro de 2018 | "É imposible dicir que se recorta o salario dun médico un sábado pola tarde. O médico estaba contactado, pero marchou a outro centro; e non hai médicos no verán, polo que tivemos dificultades para tirar da lista", xustifica.

Sindicato Labrego Galego

Erimsa ameaza con despedir traballadores e traballadoras se a Xunta non lle aproba máis concesións mineiras

17 de setembro de 2018 | A empresa mineira Erimsa está a chantaxear á Xunta cos empregos dos seus traballadores e traballadoras. Fíxoo presentando un expediente de regulación temporal de emprego (ERE) para as sesenta persoas que forman parte do seu cadro de persoal en Frades (A Coruña).

Marcha Mundial das Mulleres

Aborto para todas

17 de setembro de 2018 | Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres lanzamos este 28 de Setembro unha campaña nacional pola derrogación da modificación lexislativa feita polo PP no ano 2015 e que obriga ás mulleres de 16 e 17 anos ao consentimento paterno/materno para abortar.

Lingua

A Mesa denuncia o abandono de funcións por parte da Xunta no galego

A Mesa pola Normalización Lingüística critica “o cinismo” da Xunta “e nomeadamente da Secretaría Xeral de Política Lingüística”, por afirmar que apostan na promoción do galego no ámbito económico e empresarial “cando hai uns meses votaban en contra dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos neste ámbito”.

MODEPEN

@s pensionistas convocan mobilizacións o día 17 de setembro

17 de setembro de 2018 | Compañer@s; as mobilizacións e a presión constante que entre tod@s exercemos estes dias na campaña #IPCélPC, conseguiu que de momento se aprace a decisión ao mércores próximo. Iso é suficiente? Non, sen dúbida non o é, debemos de seguir coa presión a lume de biqueira, temos que envorcarnos no vindeiro luns 17 e deixar ben reflectido nas nosas concentracións, que os partidos que voten a favor de desvincular a subida das pensións do IPC pagasen un custo por iso .

Ensino público

Novo curso, novas irregularidades

17 de setembro de 2018 | Comeza un curso escolar máis o noso país e a educación pública segue a ter graves eivas que non se dan solucionado. Unha das máis importantes é unha profunda redución económica que provoca grandes prexuízos ao alumnado como comenta a Nós Televisión o secretario de organización do sindicato educativo STEG, Diego Pérez Castro.

Represión

A Audiencia española rebaixa a condena de Pablo Hasél, pero terá que entrar en prisión

17 de setembro de 2018 | A Sala de Apelación da Audiencia Nacional considera que se debe aplicar o mínimo legal porque as súas mensaxes non supoñen un “risco real” para as persoas.

Opinión - Óscar Reina Gómez

Diarrea Nazional

17 de setembro de 2018 | Que neste Reino de España, gobernado por corruptos, ladróns, embusteiros e traidores, que algúns están nos seus cargos herdados "pola graza de deus", te citen a Declarar precisamente por "cagarte en deus", e que, aínda por riba, che neguen o Dereito a Declararte Insubmiso e Rebelde ante esta absurda pero real situación, é como mínimo para facer unha cagada colectiva a todos os "santos" deste Réxime do 78, como solidariedade e protesta ante tal basta inmundicia.

Videos