Residencia Asistida de Maiores de Oleiros. Criterio uniforme para todos e todas as traballadoras na adxudicación de andar no centro de traballo

CUT da Consellería da Política Social ven de
remitir ao director da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros o
desacordo coa asignación de andar que se está a realizar no centro sen
que exista un criterio coñecido nesa asignación. A nosa central sindical
aproveita a comunicación para solicitarlle ao director da residencia
unha reunión para tratar importantes temas pendentes.
DE
Delegada Sindical da CUT na Consellería de Política
Social na Coruña
R/ Monte das Moas 15-B local 4 15010 A Coruna
PARA
Director da Residencia Asistida de Maiores de
Oleiros
Rúa Río, número 60 15173 Oleiros A
Coruña
DATA. 12 de
setembro de 2018
ASUNTO: Residencia Asistida de
Maiores de Oleiros. Criterio uniforme para todos e todas as
traballadoras na adxudicación de andar no centro de traballo.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS: Dende hai uns dias véñense
producindo queixas a esta organización sindical en relación á
adxudicación de andares sen un criterio coñecido por parte das
traballadoras e traballadores.
Na residencia asistida de maiores de Oleiros sempre
se viña facendo estas adxudicacións en función da antigüidade do persoal
excepto nos casos nos que obviamente, por motivos de saúde xustificados,
adxudicábaselles servizos adaptados a súa patoloxía. Sempre que quedaba
un oco nalgún andar ofertaban o andar ao persoal
correturnos máis antigo ou a algún traballador ou
traballadora que solicitase cambio de andar previamente, pero sempre
respectando a antigüidade.
Dende CUT Política Social solicitamos que as normas
para acceder a un andar sexan as mesmas para todos e todas as
traballadoras do centro de traballo para evitar conflitos innecesarios
entre os compañeiros, e entre os compañeiros e as coordinacións e
direccións dos centros.
Dende esta organización sindical creemos que un
criterio uniforme é o máis xusto para todos e todas as traballadores.
Non se poden facer excepcións, excepto por razóns de saúde obviamente.
Todos e todas as traballadoras deberían ter dereito a acceder a un andar
baixo os mesmos criterios así evitaríanse os·“amiguismos”
por parte das coordinacións e direccións nos centros de traballo.
Dende CUT Política Social sabemos que a
organización do centro de traballo é exclusiva da dirección do centro,
pero tamén sabemos que o noso convenio recolle que todo o persoal
laboral ten os mesmos dereitos.
Debido a todo o exposto:
1 .- Solicitámoslle dea solución a este conflito
laboral establecendo uns criterios uniformes para adxudicar andar aos
traballadores e ás traballadoras do centro.
2 .- Solicitámoslle unha reunión con carácter
urxente para tratar este e outros asuntos que preocupan aos
traballadores e traballadoras do centro de traballo. Teléfono a efectos
de comunicación: 670909206.
Así mesmo, dende CUT política social querémoslle
agradecer que, por fin, se lle dera solución ao conflito da distribución
da roupa dos residente. Neste senso indicarlle que o carro que sube aos
andares é moi pesado e moi difícil de mobilizar. Cremos que unha
solución sería poñerlle unhas rodas máis grandes para que a mobilización
do carro non requira tanto esforzo por parte dos traballadores previndo
deste xeito os tiróns e sobre esforzos por parte do persoal que mobiliza
os carros.
Gustaríame aproveitar tamén para recordarlle que
nos andares cuartos e quintos necesítase máis persoal na quenda de mañá
como xa falamos na última reunión mantida con vostede e coa Xefa
Territorial da Consellería de Política Social. Nesa
reunión comprometéronse a dar solución a esta grave problemática cos
novos presupostos. Agora que xa os están elaborando ou vanos elaborar de
forma inmediata, por favor, recorde que esta é unha grave problemática
neste centro de traballo.
Quedo á espera da reunión que lle solicitei para
expoñerlle a problemática actual que existe na residencia asistida de
maiores de Oleiros e para intentar buscar as posibles solucións.
Un atento saúdo.
Delegada sindical CUT Política Social A Coruña