Novo xesto de desprezo da Xunta: segue a manter a suspensión na bolsa de horas

Tres meses despois de presentar AXG-CUT, o
pasado 12 de xuño, escrito solicitando que se alzase a
suspensión provisional acordada de xeito unilateral por parte da
DXX, no día de hoxe presentamos novo escrito: a falta de 3 meses para
rematar o ano, entendemos que é hora xa de que sexa coherente e deixe de
castigar @s traballador@s da xustiza galega.
DIRECCIÓN XERAL DE
XUSTIZA RÚA MADRID - 2/4 - 2º ANDAR 15.781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT
remitimos o presente escrito para
reiterar a solicitude do
ESCRITO PRESENTADO EN DATA 12 DE XUÑO,
no que SE SOLICITABA QUE CON CARÁCTER URXENTE
E INMEDIATO SE LEVANTASE A SUSPENSION
PROVISIONAL ACORDADA DE XEITO UNILATERAL POLA DIRECCIÓN
XERAL DE XUSTIZA en
resolución de data 27 de decembro de 2017, e con efectos
a partires do día 1 de xaneiro de 2018.
A lei
orgánica 8/12, de 27 de decembro (que modificaba a lei 6/85, do 1 de
xullo - LOPX-) de unha nova redacción ao artigo 503 ( referente aos
permisos do persoal ao servizo da administración de xustiza, e
equiparándoos aos días corresponden tes por asuntos particulares co
persoal funcionario da administración xeral do Estado). O resultado
foi unha minoración de tres días a maiores de desfrute para os
funcionarios de xustiza de Galicía.
Por tal razón, a Dirección Xeral de
Xustiza ditou unha resolución con data 12 de febreiro de 2014 pola
que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de
identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e
horarios de traballo e máis a tramitacíón das solícitudes de
vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao servizo da
Administración de Xustiza, cuxo artigo 10
articulou a posibilidade de que, mediante un
sistema de compensación de horas realizadas de xeito voluntario polo
traballador na parte flexible do horario, o persoal ao servizo da
Administración de Xustiza puidese acumular un número de horas
equivalente a tres xornadas laborais, e, en consecuencia, a
poslbilidade de desfrute de ata tres días completos de
libranza.
Na resolución ditada o día 27 de decembro
de 2017, a DXX suspendeu de xeito UNILATERAL a bolsa de
horas (que fora implantada no ano
2014). A devandita suspensión realizada pola DXX foi efectiva desde
o día 1 de xaneiro de 2018.
A
xustificación da Administración
( Xunta de Galicia) para esta supresión foi que estaba e fase de
tramitación no Congreso dos Deputados a proposición da lei
orgánica de modificación da LOPX.
Consideramos desde ALTERNATIVAS
NA XUSTIZA-CUT que a presa que tivo a
Xunta de Galicia para levar a cabo esta medida foi errónea.
A día de hoxe, 11 de setembro, aínda non está rematada a tramltación da proposición de lei, polo que o perxuizo para o traballador é evidente, polo que esiximos, que, de xeito inmediato, se proceda á restitución da bolsa de horas (e, nos meses que restan do ano 2018, os traballadores poidan acumular horas na parte do horario flexible).o:p>
Nove meses despois, sen data concreta para a aprobación da
proposición de lei modiflcativa da LOPX, cómpre
que a DXX levante a devandita suspensión.
Tal e como figura na propia resolución da
DXX do 27 de decembro de 2017, se aprobase a modificación
da LOPX 6 / 8,5, 1 XULLO, durante
o vindeiro ano, se
levante a dita suspensión”
ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT
SOLICITA QUE DE XEITO INMEDIATO E
URXENTE se levante a suspensión provisional acordada pola
Dirección Xeral de Xustiza en resolución de data 27.12.2017
(e efectos desde 1.1. 2018) e se proceda á hablli ción no sistema KRONOS
da opción correspondente ao cómputo de horas.
Preme nas imaxes para ampliar
Ligazón á entrada no blog 12 xuño 2018