Actualidade

Como vos adiantamos en anteriores boletíns, a
Xerencia e a Xunta de Persoal pecharan un acordo de convocatoria das
promocións sen mobilidade correspondentes ao ano 2017, este acordo
publicouse no
DOG do xoves, día 13 de setembro. No
DOG do día 14 de setembro publícanse, á súa vez, as
convocatorias de quenda libre de Oferta de Emprego Público do ano 2015,
sobre as convocatorias desta OEP
xa nos pronunciamos.
A convocatoria de promoción interna, realízase con
máis dun ano de retraso sobre o
calendario pactado. Na folla de ruta acordada no
ano 2015 sinalábase que no primeiro trimestre do ano 2017 realizarase a
oferta e convocatoria da promoción interna das prazas do SIC e do
persoal funcionarizado en 2015.
Marcámonos como un dos obxectivos o inicio
inmediato do proceso da convocatoria correspondente ao ano 2018.
Esta non é a única das prioridades que nos
marcamos. Consideramos moi urxente a convocatoria do concurso de
traslados do único servizo, o de informática, que quedou marxinado na
convocatoria realizada en abril do ano 2017.
Lembrámosvos que contra esta discriminación interpuxemos, con CCOO, un
recurso contencioso administrativo que o xulgado fallou en contra do
noso criterio, isto non xustifica que a Xerencia retrase, sine díe, a
convocatoria.
Tamén consideramos urxente levar a efecto o
tratado no grupo de traballo constituído para debater sobre cuestións
de conciliación e acción social.
O día 20 na reunión que realizaremos coa Xerencia
trataremos estes e outros temas dos que vos informaremos en próximos
PASquíns.