• Número 402
  • 10 de setembro de 2018

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión coa Xerencia

A representación das traballadoras e traballadores esiximos, desde o mesmo momento en que se nos incrementou a xornada laboral, recuperar a xornada de 35 horas que desenvolviamos

Como vos informamos no anterior PASquín a Xerencia convocou á Xunta de Persoal para tratar exclusivamente sobre a Resolución de xornada, permisos, licenzas, vacacións. Xa vos informamos de que era máis que factible que esa reunión se pospuxese debido ás ausencias na Xunta de Persoal que o comezo do curso escolar provoca.

O xerente modificou a data da reunión quedando convocada para o día 20 coa mesma orde do día.

A representación das traballadoras e traballadores esiximos, desde o mesmo momento en que se nos incrementou a xornada laboral, recuperar a xornada de 35 horas que desenvolviamos.

A Xerencia, introduciu este asunto nos temas a tratar polo grupo de traballo constituído para debater sobre conciliación e acción social. O xerente presenta agora unha proposta sobre este punto pero esquece poñer enriba da mesa os outros aspectos debatidos no grupo de traballo e sobre os que ese grupo xa emitiu conclusións.

Como vedes se ledes a proposta que vos xuntamos recupérase a xornada que tiñamos antes da imposición das trinta e sete horas e media semanais, pero con condicións, e no documento que se nos enviou non se contemplan todas as conclusións e proposta emanadas do grupo de traballo.

Proposta de resolución de xornada, vacacións, permisos e licenzas.

Antes da reunión co xerente, a Xunta de Persoal convocou unha xuntanza:

Día, 20 de setembro de 2018

Hora, 09:00 horas

Lugar, Sala de Comisións nº 2, primeiro andar, da Reitoría

Orde do día

1 .- Elección de presidente e secretario da Xunta de Persoal

2 .- Estudo da proposta de facer unha mesa de negociación, alternativas

3. - Preparación dos puntos da orde do día da convocatoria da Xerencia, posterior á reunión da Xunta de Persoal

4 .- Quenda aberta de intervencións