• Número 402
  • 10 de setembro de 2018

Comité intercentros da CRTVG e Comité de empresa de CRTVE Galiza

Manifestación pola dignidade dos medios públicos de comunicación

Imos aproveitar o amplo material gráfico que as compañeiras e compañeiros da CRTVG puxeron á nosa disposición para reflectir cronoloxicamente como se desenvolveu a mobilización

Pasadas as 10:30 horas, centos de persoas iniciabamos, nos arredores da CRTVG, a marcha que pola dignidade dos medios públicos, convocaran os comités de empresa da CRTVG e da CRTVE-G. Aínda que o groso da marcha formábana compañeiras e compañeiros das dúas corporacións, tamén estabamos presentes outras persoas pertencentes a partidos políticos, sindicatos, movementos sociais... e da universidade. En definitiva, centos de persoas que reivindicamos uns medios de comunicación públicos en Galiza libres de mordazas, manipulación e ao servizo do pobo.

A medida que a marcha se aproximaba a Compostela medraba o número de persoas que formabamos parte da columna, na Praza 8 de Marzo, eramos miles as que berrabamos as consignas que se difundían desde a organización. Aproximadamente ás 12:50 horas chegamos á Praza das Praterías onde se leu un comunicado e gozamos de actuacións musicais.

Imos aproveitar o amplo material gráfico que as compañeiras e compañeiros da CRTVG puxeron á nosa disposición para reflectir cronoloxicamente como se desenvolveu a mobilización

Comeza a manifestación

En marcha!

As traballadoras da CRTVE Galiza únense á marcha

A manifestación continúa

En San Lázaro, seguimos!

A marcha chega a Concheiros

Seguimos. O apoio popupar fíxose patente en todo o camiño

Chegada á Praza das Praterías

Comeza a lectura do manifesto a cargo de Marga Pazos e Rita Alonso

Información en Instagram

https://www.instagram.com/poladignidadedosmediospublicos/

Información en Facebook

https://www.facebook.com/poladignidadedosmediospublicos/