• Número 402
  • 10 de setembro de 2018

CUT

A CUT apoia a manifestación “pola dignidade dos medios públicos de comunicación” deste sábado en Compostela

Desde a CUT apoiamos incondicionalmente a vosa loita porque é a de todas nós

A CUT apoia a manifestación “pola dignidade dos medios públicos de comunicación” deste sábado en Compostela

O Secretariado Nacional da CUT trasladoulles hoxe aos representantes dos traballadores e das traballadoras da CRTVG e de CRTVG-Galicia o apoio e a adhesión do sindicato á manifestación deste vindeiro sábado en Compostela en defensa da dignidade dos medios públicos, propiedade de todos e todas nós que urxe rescatar. Aquí, o comunicado de solidariedade.

Comunicado de solidariedade

Compañeiros e compañeiras da CRTVG e da CRTVE:

No nome do Secretariado Nacional da CUT transmítovos o noso apoio e solidariedade na defensa duns medios de comunicación públicos, obxectivos, plurais e imparciais.

Non só esiximos e defendemos o dereito a unha información digna e veraz, senón tamén o dereito das profesionais e dos profesionais a exercer o seu traballo con plena liberdade e sen censura.

Os venres volvéronse negros como símbolo da loita contra intervención partidista nos medios públicos, como emblema dunha forza que medra para rachar as cadeas da indiferenza que anestesian á sociedade.

Pensamos que os. traballadores e traballadoras da CRTVG, da CRTVE-G e a propia sociedade son quen realmente promove a través dos comités de empresa a marcha do sábado 8 en Compostela baixo o lema “pola dignidade dos medios, públicos”, unha manifestación que é a expresión dunnha resistencia á que nos sumamos.

Desde a CUT apoiamos incondicionalmente a vosa loita porque é a de todas nós.

Ricardo Castro Buerger

Secretario Xeral da CUT