• Número 402
  • 10 de setembro de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Tremo

Pouco a pouco a actuación do Reitorado recorda a época na que Meilán dirixía a universidade. Os que temos máis de cinco trienios recordámolo perfectamente e, o ver, entre outros, procedementos como a do nomeamento do vicexerente de Ferrol e o concurso de traslados no que non figuraron todas as vacantes, vénsenos á memoria a infausta época na que o señor indicado dirixía os nosos destinos. Penso na RPT que está deseñando e tremo.