• Número 402
  • 10 de setembro de 2018

CUT - Alternativas na Xustiza

Alternativas na Xustiza sinala, nun comunicado, que a situación nos xulgados trala folga é "dramática"

O sindicato Alternativas na Xustiza- CUT cualifica de "ridículos" en duración e contías os plans de recuperación do traballo por causa da folga rexistrada no sector e censura que se puxeron en marcha "sen estudo das cargas de traballo"

Comunicado

PLANS DE RECUPERACIÓN!!! ONDE???

Os traidores e mentireiros son iguais en "Juego de tronos" que na vida mesma.

Os pseudosindicatos, como bos traidores, afirmaron que nunca asinarían un acordo sen o apoio d@s traballador@s. E asinárono no mes de marzo, quedando calados como petos.

Os pseudosindicatos, como bos mentireiros, prometeron plans de actuación para tod@s @s folguistas para recuperar ata un 80% do perdido na folga e @s NON folguistas para enriquecerse dunha folga na que non participaron.

Máis de tres meses despois da publicación no DOG do acordo da infamia e da traizón, os plans de actuación e recuperación do traballo por causa das xornadas de folga son ridículos en duración e contías, alí onde se puxeron en funcionamento, sen estudo das cargas de traballo.

O primeiro despropósito foi comezar os plans por Servizos que a súa carga de traballo depende directamente dos xulgados que estiveron en folga (SCNE, oficinas de rexistro e reparto, IMELGAS, decanatos).

O segundo é pretender vender polos pseudosindicatos e polo propio Rueda que, con 16 horas, se poida recuperar o traballo dunha folga de 3 meses cun seguimento "brutal". Asumir  iso sería como aceptar que o 90-95% dos traballadores sobramos.

O terceiro é facer plans de traballo sen ter en conta as cargas de traballo, ata agora en tódolos centros deuse o mesmo número de horas. Especialmente sangrante é o caso das Fiscalías que xa de por sí teñen un traballo importante no día a día, pola falta de interese da Xunta de Galicia. Sendo espectacular a participación dos traballadores na folga, a acumulación de traballo é igualmente espectacular.

E o mesmo podemos dicir dos xulgados mixtos de moitas vilas galegas: xulgados xa mermados nos seus cadros de persoal e que arrastran unha importante carga de  traballo (non foron incluídos na primeira fase dos plans de actuación).

•      @s traballador@s: ós pseudosindicatos e a Rueda non lles chegou con asinar un acordo en marzo e continuar a folga ata maio, senón que agora pretenden que o traballo acumulado se saque con 16 horas, cando na folga estivemos máis de 90 días (90x7h=630h).

•      Servizo Público: Os cidadáns, unha vez máis, pagarán directamente o instinto depredador do Público de Alfonso Rueda (suspensións de xuízos, retraso nas citacións, nas execucións de sentenza, nos asuntos de familia, de Violencia, colapso da Fiscalia)

Durante a folga a XUNTA fixo unha "excepción histórica", atrasando a confección de nóminas para poder "castigar" @s folguistas e a ver si así era quen de desconvocar unha folga na que a incapacidade de solucionar o conflito do conselleiro Alfonso Rueda era evidente.

É dicir:

A.  .- A 2ª fase non entrará en funcionamento, no mellor dos casos, ata finais do mes de setembro ou outubro.

B.  .- A Xunta pretende facer corresponsable da desastrosa xestión da folga por parte de Alfonso Rueda e Nuñez Feijoo, que mantiveron paralizada a xustiza galega durante 3 meses por pura prepotencia e como escarmento para evitar mobilizacións noutras administracións, ao Ministerio de Xustiza.

C.  .- Os que fixeron a folga foron @s traballador@s da Xustiza Galega, non os maxistrados, os Fiscais ou os Letrados, polo tanto os plans de actuación deben ser negociados  c@s traballador@s.

D.  .- Unha vez máis o goberno da Xunta pretende utilizar a folga da Xustiza como  ferramenta política afirmando que "O anterior Executivo mostrara o seu  compromiso  de  apoiar o plan e a Xunta confía en que esa predisposición se manteña tras o cambio de Goberno" Cando o único responsable da duración  do conflito foi  a propia Xunta e Alfonso Rueda en particular.

Coa experiencia da 1ª fase do plan, tanto na súa duración, coma na falta de estudo das cargas de traballo, déronse igual número de horas en todos os órganos xudiciais con independenza da situación de cada  un tras a folga. A  nosa confianza nos plans de recuperación é nula e o desprezo amosado por parte da Xunta polo servizo público e pol@s traballador@s é total.

A realidade a día de hoxe, a modo de exemplo, é:

•      Que nos xulgados do Penal de  Vigo e  Coruña hai máis de 1.000 execucións por  xulgado en trámite, e delas máis de 200 están sen incoar; nos xulgados de Ourense aproximadamente 800  en trámite e en Ferrol unha media de 600.

•      Nos meses de xuño e xullo suspendéronse o 40°/o dos xuízos, o que vai provocar novas citacións retrasos nas sentenzas e nas futuras execucións.

•      A incompatibilidade dos programas Fortuny (fiscalía) e Minerva (Xulgados), os ordenadores obsoletos e os escáner lentos retrasan cada vez máis o traballo.

•      Nos xulgados do Social da Coruña, os xuízos que se suspenderon nos meses de  folga teñen un retraso "mínimo" de  7 meses (1.600 aprox . entre os 6 xulgados) .

•      Os procedementos NON URXENTES nalgún xulgado estanse a sinalar para o ano 2020.

•      Nos xulgados mixtos a situación non é mellor, tamén a modo de exemplo dicir que en Vilagarcía, en cada xulgado hai demandas sen incoar do 2017, aproximadamente 30, e 205 do ano 2018.

Durante a folga, a  Xunta  fixo unha "excepción histórica", atrasando a confección de nóminas para poder "castigar" @s folguistas, e ver si así era quen de desconvocar unha folga na que a incapacidade para solucionar o conflito por parte do Conselleiro A. Rueda era evidente.

@s compañeir@s que participaron nesta "primeira fase" dos plans de recuperación aínda non cobraron polas horas realizadas, e na Delegación informan que na nómina de este mes tampouco se van a cobrar.

ÉSTE É O ACORDO  QUE TEMOS,  NON O QUE MERECEMOS

Preme nas imaxes para agrandar

 

 

Crónica dos xulgados galegos: 4/9/2018

"Na cadena ser"

A situación dos xulgados galegos despois de tres meses de folga non é un tema importante para a Xunta de Galicia: a acumulación de traballo é preocupante, e hai materias "sensibles" que aínda o agravan máis. Plans de recuperación pírricos, limitados a órganos moi concretos; recuperar máis de 600 horas de traballo perdido con 16 horas, e a única realidade é que os números nas estatísticas suben e suben.

A resposta da Xunta de Galicia: o silencio.

Ligazón ao audio - entrevista a Pablo Valeiras (responsable AXG-CUT)