• Número 402
  • 10 de setembro de 2018

Represión

O youtuber gaditano Karlos Puest en busca e captura

As persecucións "Macartistas" continúan

En pleno ano 2018, con 40 de suposta “democracia”, este Estado macartista está a deixarnos algunhas perlas que sacan a relucir o seu caciquismo máis violento e desprezable. No que concirne ao dereito á liberdade de expresión -recollido nese papel mollado utilizado “á carta” polos poderosos, chamado Constitución (Art. 20)- estamos a asistir a unha brutal arremetida contra cidadáns do montón por parte de toda a maquinaria represiva, en especial os tribunais, a disposición das elites políticas, banqueiros e grandes capitais do noso país. Son moitos xa os denunciados, acusados e sentenciados, mesmo con penas de cárcere, por escribir en redes sociais, facer xornalismo alternativo e mesmo cantar letras que se saen dos estándares hexemónicos españolistas.

En Cádiz, un dos youtubers máis famosos, coñecido como Karlos Puest (Juan Carlos Prieto), atópase metido de cheo nesta caza de bruxas, que nos lembra ao peor dos EEUU de 1950, onde se perseguía aos opositores ideolóxicos en pos da “seguridade nacional”. Este ciberactivista, que se gañou estar na lista negra dos mandamases gaditanos, en moitos dos seus vídeos, chamados “Protesta Xa”, denuncia como as diversas Autoridades Executivas proceden de forma abusiva e despótica nos desafiuzamentos e tamén por mostrarse autoritaria e chulescamente ante as capas da sociedade máis humildes e marxinadas. Tamén acusou en varias ocasións de corrupción e abuso de poder, dando moitas veces datos na era do “Teofiliato gaditano”, á alcaldesa de entón e aos seus edís. Ao seu estilo, utilizando o taco fácil e a esaxeración, parece ser que este gaditano ofendeu e cuestionou a honra” tanto dos corpos policiais como o dalgúns concelleiros, ata tal punto, que se merece a peor das inquisicións. Estes, como de costume, utilizaron os seus mediadores preferidos para resolver conflitos: os xulgados. Segundo declaracións, parece ser que unha persoa, que non pertence a ningunha organización, conseguiu causar “temor e medo” entre as Forzas da Orde e os politicastros profesionais do PP polo simple feito de gravarse en vídeos dando a súa opinión; todo moi “crible”.

Hai poucos meses que a Karlos lle chegaron as sentenzas condenándoo ao pago de multas e indemnizacións económicas, colleita das denuncias por parte da xefatura da Policía Local gaditana e do concelleiro do consistorio gaditano, José Blas Fernández, por sentirse inxuriado. Agora mesmo, o “perigoso youtuber”, por utilizar como forma de desafogo as redes sociais para denunciar inxustizas, atópase en busca e captura, coma se dun criminal se trátase, por non entrar voluntariamente en prisión (como por falta de pagamento das multas e indemnizacións a lei establece).

O colectivo gaditano de base “Movemento en Loita”, moi afín a Karlos e ao que consideran un compañeiro, escribiu un comunicado de apoio, que xa está a circular polas redes e, tamén, está a exporse unha posible acción de desagravio.

C. Sánchez En Cádiz a 01/09/2018

COMUNICADO DE APOIO AO COMPAÑEIRO KARLOS PUEST.

Desde “O Movemento en Loita Contra o Desemprego e a Exclusión Social de Cádiz" queremos solidarizarnos e dar todo o noso apoio ao compañeiro Carlos (Karlos Puest), que está a ser sometido a unha dura represión por parte do estado fascista. Esta represión materialízase en forma de multas impostas por exercer a súa liberdade de expresión nas redes sociais, ao ser moi alta a contía das mesmas e non poder afrontalas economicamente o compañeiro Carlos terá que entrar en prisión.

As denuncias xudiciais contra Carlos veñen dun sector de políticos e da policía local de Cádiz, que de forma cínica, ruín e covarde actúan para destruír a persoas que valentemente cualifican e denuncian publicamente os seus comportamentos e actuacións fascistas. É o caso dun sector da policía local, que, co consentimento dos seus xefes, actúan contra persoas vulnerables (especialmente mozas) de forma abusiva e violenta.

As clases populares non podemos permitir que se encarcere a un/ha compañeiro/a por expresar a súa opinión da forma que considere máis oportuna mentres eles rouban, torturan, matan e saen impunes. Carlos é un máis da longa lista de represaliados polo réxime, que pola crise económico-político-social que vive España nos últimos tempos, non lle quedou outra que ensinarnos a súa verdadeira cara fascista para perpetuarse no poder, instaurando o medo e acalando ás voces críticas a través de multas e condenas de cárcere.

É de suma importancia dar un paso á fronte e denunciar desde todas as organizacións e colectivos de esquerda a represión que están a sufrir as clases populares por parte do estado, o non facelo sería traizoar a loita e os intereses da nosa clase converténdonos en cómplices do aparello represor. SE TOCAN A CARLOS TÓCANNOS A TODOS/AS!!! Agosto, 2018 “Movemento en Loita contra o Desemprego e a Exclusión Social”

Texto completo en: https://www.lahaine.org/karlos-puest-en-busca-y