• Número 401
  • 03 de setembro de 2018

Universidade

Unha nova xeira

03 de setembro de 2018 | Ola, pois si, comeza un novo curso, con moitos deberes por facer e moitos dos realizados, segundo a nosa apreciación, mal feitos. Por un lado debemos abordar a reconstrución do organigrama da Xunta de Persoal, como xa vos informamos, presentamos a dimisión tanto da presidencia como da secretaría. A elección da nova representación xa se levou a unha anterior reunión da Xunta de Persoal que non puido constituírse por falta de quórum.

Universidade

Informe da Avogacía do Estado sobre como se deben desenvolver os procesos de estabilización

03 de setembro de 2018 | O día 9 de xullo a Subsecretaría da Avogacía do Estado, á vista das consultas que se presentaron a nivel autonómico sobre o proceso de estabilización do emprego temporal, solicitando, á maior brevidade, informe da Avogacía do Estado en relación coas cuestións sobre como se deben desenvolver os procesos de estabilización, emitiu un informe que vos trasladamos.

Universidade

Persoal interino, situación actual

03 de setembro de 2018 | Nesta universidade, non sabemos se noutras administracións ocorre o mesmo, está moi estendido o criterio de que a defensa dos dereitos que reivindica o persoal interino son un ataque directo aos principios constitucionais de acceso á función pública.

Universidade

Persoal interino. Precariedade

03 de setembro de 2018 | A esta universidade, como á maior parte da administración, faille falta, urxentemente, un cambio de “actitude” ao respecto do persoal interino e eventual. As sentenzas do tribunal de xustiza da UE salientan a discriminación que sofren estas traballadoras e traballadores e son determinantes para que o goberno do estado optara por levar a efecto un proceso de estabilización no que agora nos vemos inmersos na nosa universidade.

Universidade

Publicada a Oferta de Emprego de 2018

03 de setembro de 2018 | O DOG do pasado día 30 publica a Oferta de Emprego Público de 2018 da Universidade da Coruña, que, entre outras cousas constata a falta de entendemento entre as organizacións que formamos parte da Xunta de Persoal.

Universidade

APA abrirá o seu local no CUR este luns de 19 a 21 horas

03 de setembro de 2018 | Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

Administración galega

A Xunta presenta aos sindicatos unha proposta de acordo de estabilización

03 de setembro de 2018 | A última semana de xullo, por orde do director de función pública remitiuse ás organizacións sindicais a PROPOSTA DE ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS……POLO QUE SE AMPLIA O ACORDO DE 18 DE OUTUBRO DE 2017 PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE NO EMPREGO DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

CUT - CRTVG

O venres negro refórzase na RTVG

03 de setembro de 2018 | E xa van 15, este venres, día 31 de agosto, as traballadoras e traballadores da CRTVG realizaron unha nova protesta consistente en concentracións e, seguindo a iniciativa das compañeiras e compañeiros da CRTVE, vestidas e vestidos de negro. A iniciativa que comezou aló polo mes de maio reivindica uns medios públicos sen manipulación e censura, ao servizo da sociedade e reclamando tamén, o cumprimento integro da Lei de Medios.

CUT - Alternativas na Xustiza

Represión na Xustiza de Galiza contra os sindicatos que non traizoaron a vontade d@s traballador@s

03 de setembro de 2018 | Como xa vos sinalamos en PASquíns anteriores, a folga que durante meses realizaron @s compañeir@s da Xustiza reivindicando a equiparación cos do resto do estado e a traizón dos sindicatos do sistema, trouxo aparellada a represión contra as organizacións sindicais que se significaron na defensa dos postulados que se decidiran en asembleas, e non traizoaron a vontade d@s traballador@s.

CUT

A CUT denuncia explotación laboral na empresa de mensexería Glovo

03 de setembro de 2018 | O pasado venres 2 de agosto a CUT presentou denuncia en Inspección de Traballo contra a empresa GLOVO pola vinculación mercantil fraudelenta na que manteñen ás traballadadoras e traballadores coñecidos coma “riders”, situación que pretende agochar unha relación de natureza puramente laboral.

Comité intercentros da CRTVG e Comité de empresa de CRTVE Galiza

Manifestación pola dignidade dos medios públicos de comunicación o vindeiro 8 de setembro en Compostela

03 de setembro de 2018 | O Comité intercentros da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e o Comité de empresa da Corporación de Radio e Televisión Española en Galicia (CRTVE Galicia) chaman a todos os traballadores e traballadoras de ambas as dúas empresas e á sociedade galega no seu conxunto a participar na manifestación que convocan para o vindeiro sábado 8 de setembro en Compostela pola dignidade dos medios públicos de comunicación.

O 061 en folga

O persoal do 061 está en folga desde o día 1 de Agosto

03 de setembro de 2018 | A Xunta de Persoal Estatutario do 061 e o Comité de Empresa de Grupo Norte (subcontrata de operación telefónica do 061) convocamos FOLGA que afecta ás oficinas administrativas e á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias 061, centro dende o que se xestionan e coordinan todas as emerxencias e urxencias sanitarias da Galiza.

CUT

O TC invalida a persecución do PP contra as persoas desempregadas maiores de 55 anos

03 de setembro de 2018 | O partido neofascista español chamado PP, na súa insistente defensa dos intereses do capital contra a clase traballadora, sacou o Real Decreto 5/2013 no que, entre outras medidas, obrigaba ás persoas maiores de 55 anos que pretenderan acceder ao subsidio por carencia de rendas a que a suma das rendas de todas as persoas que conforman a unidade familiar, incluída a solicitante, non superara o 75% do salario mínimo.

Universidades

A xuíza conclúe que a Casado regaláronlle o mestrado "a modo de prebenda" pola "súa relevancia política"

03 de setembro de 2018 | Sinala que o responsable do mestrado permitiu que un grupo de alumnos sacasen o título "sen efectivamente cursalo, sen mérito académico algún". "Só se beneficiou a alumnos cunha posición relevante no ámbito político, institucional", aclara a xuíza no seu escrito ao Supremo. A xuíza expón dúbidas sobre a veracidade dos traballos de Casado e pide ao Supremo que investigue cando foron elaborados.

Exclusión sanitaria

Os que quedan fóra da sanidade universal do Goberno de Pedro Sánchez

03 de setembro de 2018 | Desde Yo Si Sanidad Universal denuncian que o Goberno do PSOE mantén fóra do acceso á sanidade a españois emigrados e reagrupados. O decreto lei aprobado tamén obriga a contar cun informe de Servizos Sociais aos menores de idade, embarazadas e persoas con urxencias médicas en situación irregular para acceder á asistencia sanitaria.

Sanidade pública

E os PAcs pararon

03 de setembro de 2018 | Os traballadores dos Puntos de Atención continuada de toda Galicia vimos denunciando desde hai moito tempo o déficit en recursos humanos , a nula planificación a curto e a longo prazo de cada un dos nosos centros, agravándose en períodos como o estival no que nos atopamos.

Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña

O desmantelamento da Atención Primaria na Mariña

03 de setembro de 2018 | O desmantelamento da Atención Primaria é un feito que xa nin desde o Sergas ou desde a Xunta se atreven a cuestionar. Nestes días unha das facultativas do centro de saúde de Burela está de vacacións e non están a cubrila.

Lingua - ProLingua. José Manuel Pazos Riveiro

Carta ao Reitor da Universidade da Coruña

03 de setembro de 2018 | Reproducimos un artigo de José Manuel Pazos Riveiro publicado na páxina web de ProLingua “plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real”.

ODS - Coia

Comunicado: “Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito”

03 de setembro de 2018 | Denuncia pública: gravísimo incumprimento da Xunta de Galicia coa publicación no DOG, por sorpresa e no mes de agosto do decreto sobre a RISGA (cun prazo de 15 días hábiles), furtando así un debate público imprescindible ao conxunto da cidadanía e ás entidades sociais galegas.

Memoria e conciencia

A guerra psíquica e a memoria histórica

03 de setembro de 2018 | Nestes tempos de capitalismo dixital, da era da información, co big data como bandeira, o grao de ignorancia multiplícase. A manipulación, a mentira e o esquecemento son armas nunha guerra para minar a conciencia. Trátase de acabar coa memoria, esa relación que nos une co pasado e fai do ser humano un ser social que vive e que se responsabiliza cos seus conxéneres.

Opinión-Cecilia Zamudio

Traballadoras migrantes explotadas e violadas na UE: barbarie capitalista

03 de setembro de 2018 | Miles de seres humanos son forzados a migrar por causa do saqueo capitalista dos seus países, pero a UE, que succiona as riquezas, rexeita ás persoas, provocando traxectos migratorios mortais e escravitude moderna.

Percorrido da manifestación Non podes faltar

Videos