17.000 persoas suicidáronse en España desde 2007 por causas económicas

Máis de 17 mil persoas suicidáronse en España por
problemas económicos durante o últimos dez anos, reportou o venres o
diario local Público. O rotativo reportou o último caso acaecido o
xoves; o suicidio de Jordi Rodríguez en Barcelona, capital de Cataluña,
sita no nordés de España que se quitou a vida saltando ao baleiro desde
un décimo piso cando ía ser desafiuzado da súa casa por unha comitiva
xudicial acompañada pola Policía.
Este electricista de 45 anos pasa así a engrosar a
lista de persoas que se quitaron a vida en España por causas económicas,
que suma máis de 17 000 vítimas desde o ano 2007, lamentou o diario.
Luís Chamarro, coordinador da Plataforma de
Afectados pola Hipoteca (PAH) de Madrid, en declaracións a Público
indicou que case a metade dos suicidios no país europeo débese a razóns
económicas, o que cualificou de terrorismo “financeiro”.
Desde o coñecemento que tivemos por parte de
profesionais involucrados nos procesos administrativos, estímase que a
metade dos suicidios oficiais teñen causas económicas, que derivan da
perda do control e a decisión de quitarse a vida”, deplorou Luís
Chamarro, coordinador da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de
Madrid.
Primavera Valenciana