Situación actual

Cando no PASquín nos despediamos até o final do
período de vacacións, anunciamos que, no caso de se producir unha
situación que o requirise, publicariamos o noso parecer ao respecto.
Primeiramente significar que dúas persoas que
formaban parte da candidatura de APA, Manuela Pinazas Rego e Nuria
Vieira Sousa, anunciaron a súa renuncia, tanto aos seus cargos na Xunta
de Persoal como no Consello de Goberno. Esta circunstancia, polo menos
mentres non se recompoña a candidatura, supón un cambio na correlación
de forzas que compoñen a Xunta de Persoal, o que obriga á nosa
agrupación a presentar a renuncia ás responsabilidades que viñamos
ostentando nese órgano de representación. Esta decisión anunciouse, na
Xunta de Persoal do pasado día 24 de xullo.
Ao noso entender, e dado o esgotamento que
observamos na actual Xunta de Persoal, corresponde que se adopten as
decisións urxentes que o órgano ten enriba da mesa para, posteriormente
proceder á convocatoria dunhas novas eleccións ás que se presenten
candidaturas preparadas para abordar retos tan importantes como a
negociación da nova RPT.
Convocatorias
Este é o
segundo proceso de estabilización que se realiza na UDC, o primeiro tivo
como referente a RPT de 2005, nese caso, todas as vacantes desa RPT
foron susceptibles de seren convocadas con procedementos de
estabilización o que levou á publicación de convocatorias que
respondesen a esa finalidade. Así se fixo, tanto no colectivo de PAS
funcionario – con convocatorias que sinalaban 36 puntos para a fase de
concurso – como no colectivo de PAS laboral – con convocatorias que
establecían 40 puntos para a fase de concurso –.
O acordo entre as centrais sindicais maioritarias,
a nivel de estado, e o goberno do PP que se contempla no punto 9 do
Artigo 19 dos
Orzamentos Xerais do Estado establece:
“9. Además de lo establecido en el artículo
19.uno.6 de la Ley 3/2017, de 27 de junio, de Presupuestos Generales del
Estado para el año 2017, se autoriza una tasa adicional para la
estabilización de empleo temporal que incluirá las plazas de naturaleza
estructural que, estando dotadas presupuestariamente, hayan estado
ocupadas de forma temporal e ininterrumpidamente al menos en los tres
años anteriores a 31 de diciembre de 2017...”
O reflectido na Lei de Orzamentos obriga á
realización de dúas convocatorias diferenciadas de cada categoría. Unha
que responda ao proceso de estabilización e outra que recolla as prazas
que non sendo susceptibles de participar neste proceso están
contempladas nas correspondentes Ofertas de Emprego Público.
O compromiso adquirido pola nosa candidatura é a
de levar a efecto o establecido nas leis de referencia. Como xa
manifestamos, consideramos, que os efectos negativos son froito dun
acordo que nós non asinariamos nunca. Por un lado estase a dar a circunstancia
de que, segundo a administración os baremos das convocatorias de quenda
libre son diferentes, mesmo nalgunha administración non se contempla a
fase de concurso. Por outro lado, como xa denunciamos, o acordo sérvelle
ao estado para saír dunha situación que a Unión Europea declarara como
ilegal ao se prolongar situacións de interinidade máis aló dos tres
anos. Como CUT chamamos en varias ocasión á mobilización en contra do
acordo e as súas consecuencias, sen que as convocatorias tivesen eco
neste colectivo da universidade.
Outra cousa que debemos sinalar é que nas
últimas convocatorias de quenda libre realizadas na UDC a fase de
concurso puntuouse con 15 puntos.
Consideramos, polo tanto, que corresponde que nas
convocatorias se contemple a fase de concurso coas seguintes
puntuacións:
Proceso de estabilización: 40 puntos
Proceso de oferta de emprego público, quenda
libre, 20 puntos (esta puntuación correspóndese co acordo
maioritario da Xunta de Persoal do que a CIG anunciou na reunión
realizada o día 24 de xullo que se descolga. CSIF, aínda que na reunión sinalada non o explicitou, posteriormente enviou un correo no que tamén cambia a súa posición).
Hai aproximadamente dúas semanas, a Xerencia
transmitiu á Xunta de Persoal as prazas que son susceptibles de
participar no proceso de estabilización:
POSTO |
ESTABILIZACIÓN |
AUXILIAR ADMINISTRATIVO |
21 |
AUXILIAR DE SERVIZOS |
24 |
AUXILIAR TÉCNICO DE BIBLIOTECA |
6 |
BIBLIOTECARIO |
1 |
DELINEANTE |
1 |
ESPECIALISTA DE CORREOS |
1 |
ESPECIALISTA DE OFICIOS |
1 |
SECRETARIO DE INSTITUTO UNIVERSITARIO |
1 |
TÉCNICO ESPECIALISTA DA OCV |
1 |
TÉCNICO ESPECIALISTA DE LABORATORIO |
1 |
TÉCNICO ESPECIALISTA EN INFORMÁTICA |
3 |
TÉCNICO ESPECIALISTA EN MEDIOS
AUDIOVISUAIS |
1 |
TÉCNICO ESPECIALISTA MANTEMENTOS |
1 |
TÉCNICO PREVENC.RISCOS LABOR.-XEFE DE
SERVIZO |
1 |
TÉCNICO SUP. INFORM.- COORDIN.ÁREA REDE
E COMUN. |
1 |
TÉCNICO SUPERIOR CORDENADOR EN DEPORTES |
1 |
TÉCNICO SUPERIOR EN INFORMÁTICA |
1 |
TÉCNICO SUPERIOR MICROSCOPÍA |
1 |
TOTAL |
68 |
Na nosa agrupación electoral fixemos o seguinte estudo:
POSTO |
ESTABILIZACIÓN |
OFERTA |
VACANTES |
|
AUXILIAR ADMINISTRATIVO |
21 |
17 |
46 |
|
AUXILIAR DE SERVIZOS |
24 |
15 |
25 |
|
AUXILIAR TÉCNICO DE BIBLIOTECA |
6 |
|
6 |
|
BIBLIOTECARIO |
1 |
|
1 |
|
DELINEANTE |
1 |
|
1 |
|
ESPECIALISTA DE CORREOS |
1 |
|
1 |
|
ESPECIALISTA DE OFICIOS |
1 |
|
2 |
|
SECRETARIO DE INSTITUTO UNIVERSITARIO |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO ESPECIALISTA DA OCV |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO ESPECIALISTA DE LABORATORIO |
1 |
|
4 |
|
TÉCNICO ESPECIALISTA EN INFORMÁTICA |
3 |
|
5 |
|
TÉCNICO ESPECIALISTA EN MEDIOS
AUDIOVISUAIS |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO ESPECIALISTA MANTEMENTOS |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO PREVENC.RISCOS LABOR.-XEFE DE
SERVIZO |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO SUP. INFORM.- COORDIN.ÁREA
REDE E COMUN. |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO SUPERIOR CORDENADOR EN
DEPORTES |
1 |
|
1 |
|
TÉCNICO SUPERIOR EN INFORMÁTICA |
1 |
1 |
1 |
|
TÉCNICO SUPERIOR MICROSCOPÍA |
1 |
|
1 |
|
TOTAL |
68 |
|
100 |
|
Outras prazas que apareceron nas OEP |
|
|||
Escala técnica superior de calidade |
|
1 |
1 |
|
Escala de axudantes de arquivos,
bibliotecas e museos |
|
2 |
6 |
|
Outras prazas que deberían
aparecer no proceso de estabilización |
||||
POSTO |
ESTABILIZACIÓN |
OFERTA |
||
Escala Técnica Superior de Relacións
Internacionais (387 e 388) |
2 |
2 |
||
Socorrista (610) |
1 |
|
Independentemente do que se acorde sobre os puntos da fase de concurso nas convocatorias de quenda libre, debido ao alto número de prazas suxeitas á se estabilizar a nosa proposta é:
Anulación
da Oferta de Emprego Público do ano 2015 (todas as prazas están
suxeitas a participar no proceso de estabilización)
Revisión
das OEP de 2016, 2017 e 2018 para, reservando unha praza de Auxiliar
de servizos (completándose deste xeito o 100% das prazas vacantes),
repartir o resto (14) nas outras categorías profesionais. Se o
reparto se fai con criterio nos tres anos que se establece na Lei de Orzamentos para executar o proceso de estabilización, podemos consolidar o
100% da RPT.
Neste reparto compre priorizar as 8 prazas que
faltarían para completar o 100% das vacantes de Auxiliar
administrativo
A Xerencia debe asumir a responsabilidade que lle
corresponde ao non transmitir a listaxe de prazas suxeitas a se
estabilizar coa axilidade suficiente para non se cometer os erros
evidentes nas OEP, de maneira salientable na última, a de 2018.
Cada
escala precisaría dúas convocatorias. Unha remitiríase ás prazas
contempladas na OEP e outra ás prazas de estabilización. As bases
deben ser diferentes e están suxeitas, ámbalas dúas convocatorias,
aos principios de igualdade mérito e capacidade.
Como nos
Orzamentos se recolle que a estabilización se terá que realizar en 3
anos, a proposta é que se faga por quendas de xeito que se convoquen
na primeira as prazas da escala técnica de servizos – tanto a fase
de estabilización como esa praza que debe saír na OEP- e, unha vez
que, de xeito urxente se fagan as modificacións nas OEP, se
publiquen as dúas convocatorias – OEP e estabilización- para que
entrámbalas contemplen tamén o 100% das prazas da Escala
administrativa. Este mesmo procedemento deberíase seguir en todas as
escalas.
Hai que
revisar pormenorizadamente a listaxe que se pasou de postos suxeitos
a seren estabilizados, non nos podemos fiar, nós xa poñemos enriba
da mesa os arriba indicados.
Outros
temas de urxente realización
Convocatoria do concurso de méritos no Servizo
de Informática e Comunicacións.
Recuperación da xornada de 35 horas posibilidade
contemplada nos Orzamentos Xerais do Estado
Que se cumpra o incremento salarial establecido,
tamén, nos Orzamentos