• Número 400
  • 25 de xuño de 2018

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia

Un repaso á situación actual

O pasado día 6 de agosto realizáronse reunións da Xunta de Persoal e, posteriormente, da Xunta de Persoal coa Xerencia. Como ven ocorrendo desde o mes de xullo, a Xunta de Persoal non puido tomar decisións ao non asistir as persoas suficientes para constituírse legalmente.

Previa a calquera consideración pensamos que se debe realizar un estudo da situación actual da RPT e facer unha proxección nos tres anos nos que se debe levar a efecto o proceso de estabilización contemplado nos Orzamentos Xerais do Estado.

O número de prazas segundo a RPT chega até a 747, non obstante non aparecen os postos 4 – 30 – 725, polo tanto o número real é de 744. Segundo os nosos cálculos hai, a día 2 de agosto, 125 vacantes o que equivale a un 16,8% de eventualidade.

Vacantes a 02/08/2018 por área

 

Conserxería

Auxiliares de servizo

26

Conserxes

5

 

 

 

Administración

Posto base

46

Administrador

2

Secretario administrativo

1

Xefe de negociado de PDI funcionario

1

Xefe de negociado de reclamacións e recursos

1

Xefe de servizo

1

 

Biblioteca

Auxiliar técnico de biblioteca

5

Bibliotecario

6

 

Laboratorio

Técnico de laboratorio

4

Técnico en microscopía

1

Técnico equipos informá. e electró.

1

 

Informática

Técnico informático

5

Analista

1

Coordin. área rede e comunicacións

1

 

Obras

Especialista de oficios

2

Delineante

1

Técnico mantementos

1

 

Medios audiovisuais

Técnico especialista en medios audiovisuais

1

Técnico especialista/Mestre de taller

1

 

Técnico en relacións internacionais

2

 

Especialista de correos

1

 

Técnico da OCV

1

 

Técnico en actividades culturais

1

 

Técnico en calidade

1

 

Técnico en deportes

1

 

Técnico en proxectos europeos

1

 

Técnico prevenc.riscos labor Xefe de servizo

1

 

Xefe do Gabinete do Reitor (Persoal Eventual)

1

 

Secre. Presi. Consello Social (L.D.)

1

 

Vicexer. Ferrol (L.D.)

1

Total

125

Posibles variacións nos vindeiros tres anos

Posibles xubilacións no ano 2018 (ao cumprir 65 anos)          14

Posibles xubilacións no ano 2019 (ao cumprir 65 anos)          12

Posibles xubilacións no ano 2020 (ao cumprir 65 anos)          11

Total de prazas a convocar por posibles xubilacións nos 3 anos de execución do acordo de estabilización:    37

Prazas actualmente en OEP:                                                    40

Total de prazas suxeitas a cobertura por OEP                    77

Prazas suxeitas a estabilización:                                            68

Proposta de APA: xa expresada nun anterior PASquín:

Retirar a OEP de 2015, todos os postos están suxeitos a estabilizar

Revisión das OEP para trasladar 14 prazas que sobran da escala técnica de servizos a outras escalas que non teñen a porcentaxe necesaria para a cobertura do 100%.

Entendemos que, en base á publicación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado que contempla o proceso de estabilización, a Universidade debería abordar, coa Consellería de Facenda, a remodelación das OEP dos anos 2015, 2016, 2017 e 2018 para cumprir o antedito.

VALORACIÓN:

Convocatorias de estabilización (a mesma que a establecida na estabilización do PAS laboral):

Oposición      60 puntos

Concurso      40 puntos:

                                    30 antigüidade

                                    10 formación

Convocatorias de OEP:

Oposición      80 puntos

Concurso      20 puntos:

                                    15 antigüidade

                                    5 formación

Na Lei de Orzamentos sinálase:

Artículo 19. Oferta de Empleo Público u otro instrumento similar de gestión de la provisión de necesidades de personal.

“9. Además de lo establecido en el artículo 19.uno.6 de la Ley 3/2017, de 27 de junio, de Presupuestos Generales del Estado para el año 2017, se autoriza una tasa adicional para la estabilización de empleo temporal que incluirá las plazas de naturaleza estructural que, estando dotadas presupuestariamente, hayan estado ocupadas de forma temporal e ininterrumpidamente al menos en los tres años anteriores a 31 de diciembre de 2017 en los siguientes sectores y colectivos: personal de los servicios de administración y servicios generales, de investigación, de salud pública e inspección médica así como otros servicios públicos. En las Universidades Públicas, sólo estará incluido el personal de administración y servicios.”

“Las ofertas de empleo que articulen estos procesos de estabilización, deberán aprobarse y publicarse en los respectivos Diarios Oficiales en los ejercicios 2018 a 2020 y serán coordinados por los Departamentos ministeriales competentes.”

“La tasa de cobertura temporal de las plazas incursas en los procesos de estabilización, deberá situarse al final del período, en cada ámbito, por debajo del 8 por ciento.”

Non cumprir o establecido na Lei de Orzamentos é responsabilidade exclusiva da Universidade que, unha vez máis ten o apoio dos sindicatos afíns.

Os procesos de estabilización danse en circunstancias especiais mediante as que o estado recoñece unha situación de inestabilidade nos postos impropia e ilegal na Administración Pública, polo tanto habilita medios extraordinarios mediante os que ás persoas que desenvolven os postos, dun xeito ilegal segundo sentenzas da UE, se lles pode valorar dun xeito específico as funcións desenvolvidas.

Consideramos que non diferenciar as convocatorias, OEP – estabilización, pon en perigo aspectos importantes das convocatorias como a diferencia de valoración da antigüidade, como exemplo publicamos a sentenza do recurso do sindicato UGT, contra esa valoración diferenciada nas convocatorias de estabilización do PAS laboral. Unha das consideracións que ten en conta a xuíza á hora de ditar a sentenza, que rexeita o recurso, é que se trata dun proceso de estabilización.

A este respecto temos que lembrar que este xerente, despois de consultalo na Asesoría Xurídica, modificou a convocatoria do concurso de méritos que recollía diferente valoración da antigüidade segundo fose na universidade ou noutra administración para equiparalas.

Así as cousas, na reunión da Xunta de Persoal co xerente realizada o día 6 de agosto, ao non se producir un acordo unánime nin sequera maioritario - a reunión previa da Xunta de Persoal, non tivo a asistencia necesaria para se constituír legalmente - adoptouse a decisión de que cada sindicato e agrupación electoral expuxera a súa posición ao respecto. En resumo a posición dos sindicatos foi como segue, CSIF está de acordo en anular a OEP de 2015 e executar as seguintes, CCOO e UGT propoñen executalas todas, Os tres sindicatos propoñen a mesma valoración das fases de oposición (70 puntos) e méritos (30 puntos), a CIG non asistíu á reunión. O xerente, supoñemos que involucrado en materias de máis interese para el, diante da división existente e, apoiándose nos sindicatos asinantes do acordo co PP, decide levar a efecto as convocatorias de OEP que xa están aprobadas, principiando pola de 2015, cunha valoración de:

Fase de oposición               70 puntos

Concurso                              30 puntos:

                                                            20 antigüidade

                                                            10 formación

A antigüidade máxima lograríase en 7 ou 8 anos, non quedou claro, cunha puntuación de 0,24 ou 0,20 puntos por mes traballado na UDC e a metade noutra administración.

Sinala o xerente que a redacción definitiva das convocatorias da Oferta de Emprego Público do ano 2015 se enviaría á Xunta de Persoal a finais desta semana para, a principios da semana vindeira, envialas tanto ao BOE como ao DOG.

Valoración na fase de concurso dos méritos noutras escalas:

Tal e como defendeu sempre a nosa candidatura, insistimos en que, nas convocatorias debe quedar asegurado que se computará para C1, o tempo traballado como C2., tamén debe contemplarse o tempo traballado nas categorías de persoal laboral.

Fundamentamos esta reclamación no establecido nos sucesivos decretos que publican as ofertas de emprego público da Administración Xeral do Estado  (BOE 8 xullo 2017 artigo 3 punto 9) (BOE núm. 184, de 31 de xullo de 2018, mesmo artigo) : “En los procesos selectivos en los que exista una fase de concurso, se contemplará específicamente, entre otro méritos, la valoración gradual y diferenciada de la experiencia acreditada por los candidatos que, con carácter interino o temporal, hubieran desempeñado funciones idénticas o análogas a las de la respectiva convocatoria”.

Promocións do ano 2017

Na reunión coa Xerencia aprobouse a convocatoria das promocións correspondentes ao ano 2017 e requiriuse a remisión do proxecto de convocatoria do ano 2018

Outros temas tratados na reunión co xerente:

Requiriuse ao xerente que dea resposta á proposta sobre o premio de xubilación remitido polo grupo de traballo constituído para abordar os temas de conciliación e acción social e debatido na Xunta de Persoal. Lembramos que no debate aberto na Xunta de Persoal presentamos unha sentenza na que se lle recoñecía o dereito á percepción desta gratificación a un traballador, computando o tempo traballado noutra administración.

Cumprimento do establecido na Lei de Orzamentos relativo ao incremento salarial e xornada laboral

Convocatoria do concurso de traslados do SIC

Aparcadoiro no Oceanográfico, requiriuse ao xerente que realice as xestións necesarias para que @s traballador@s da Reitoría poidan estacionar nese aparcadoiro (reservado para residentes e comerciantes da Cidade Vella) que, como se demostra no artigo da Opinión do día 7 está practicamente baleiro.