6’5 millóns de familias (o 35%) viven dunha pensión, un 14% máis que en 2007, segundo o INE

O gasto medio por fogar alcanzou en 2017 os 29.188
euros, crecendo en case 1.000 euros respecto ao ano anterior (un 3,5%
máis), segundo a ‘Enquisa de Orzamentos Familiares‘
publicada esta mañá polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Supón
o incremento máis elevado na última década. Un dos datos máis relevante
do informe apunta que un 35% dos fogares ten como principal
fonte de ingresos as pensións.
O gasto medio por fogar de todos os grupos
analizados aumentou excepto en alimentos e bebidas alcohólicas que
baixou un 0,4%. Os que creceron de forma significativa foro o transporte
cun aumento 12,4%, restaurantes e hoteis un 8%, comunicacións un 5,4%,
lecer e cultura 4,3% e, por último, en enxoval un 4,3% máis.
Por outra banda o gasto medio por persoa creceu un
3,7% en 2017 situándose en 11.726 euros, o máis elevado desde 2008.
As comunidades autónomas con maior gasto medio por
persoa no ano 2017 foron País Vasco (14.175 euros), Comunidad de Madrid
(13.708 euros) e Comunidade Foral de Navarra (13.325 euros) mentres que
Castela-A Mancha rexistrou os menores gastos medios por persoa, 9.758
euros.
Segundo o INE, no 35,1% dos fogares
españois a principal fonte de ingresos en 2017 foi as pensións.
No 48,6% dos casos o principal sustento foi o soldo de traballador por
conta allea, o 10,5% vén do traballo por conta propia, os 4,3% subsidios
e prestación de paro e por último o 1,6% por rendas de propiedade ou
capital.
O maior gasto (33.002 euros) corresponde aos
fogares cuxo sustentador principal estaba ocupado. Mentres que os
fogares cuxo sustentador principal era unha persoa en paro foron os
únicos que reduciron o seu gasto medio (17.295 euros) en 2017,
situándose un 40,7% por baixo da media.
Kaos en la red