• Número 400
  • 25 de xuño de 2018

UVIGO - PAS FUNCIONARIO

A nova Xunta de Persoal remite ao reitor e xerente unha proposta de negociación

Tamén se recollen negociacións inmediatas de aplicación ao PAS Funcionaria

A Xunta de Persoal Administración e Servizos Funcionaria reuniuse onte, 20 de  xuño,  e debateu e aprobou, cos votos a favor da CIG e en contra da UGT, a proposta de documento de negociación que se achega con este escrito, e no que se recollen medidas de inmediatas de aplicación como son:

- Promoción interna do grupo C2 ao C1,  coa proposta de  temario.

- Horario de verán.

- Supresión da bolsa horaria.

Cobro do 100% do salario nunha IT.

Tamén se recollen negociacións inmediatas de aplicación ao PAS Funcionaria como o cobro das pagas extras completas, xunto coas medidas recollidas no programa electoral do Reitor como a oferta de emprego público, a urxente promoción interna do grupo Cl a A2, a xestión  das listas de agarda e a oferta de emprego público.

Estes documentos que presentamos ímolos pendurar na páxina web da Xunta PAS para que todas e todos os compañeiros o peidan coñecer.

Pontevedra, 21 de xuño de 2018 A Secretaria da Xunta PAS