• Número 400
  • 25 de xuño de 2018

Universidade

Reunión da Xunta de Persoal e posterior reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia

08 de agosto de 2018 | O pasado día 6 de agosto realizáronse reunións da Xunta de Persoal e, posteriormente, da Xunta de Persoal coa Xerencia. Como ven ocorrendo desde o mes de xullo, a Xunta de Persoal non puido tomar decisións ao non asistir as persoas suficientes para constituírse legalmente.

Universidade

Situación actual

27 de xullo de 2018 | Cando no PASquín nos despediamos até o final do período de vacacións, anunciamos que, no caso de se producir unha situación que o requirise, publicariamos o noso parecer ao respecto.

Universidade

Conclusións do grupo de traballo. Vacacións, permisos, licenzas, conciliación, acción social

25 de xuño de 2018 | O pasado día 20 todas as traballadoras e traballadores recibimos un comunicado de CCOO sobre a valoración das propostas do grupo de traballo de conciliación e acción social que, ao noso entender corresponde cando menos matizar. Pola nosa parte consideramos que, dado que o traballo realizado polo grupo non compromete a ningunha das partes – nin á Xerencia nin á Xunta de Persoal - é moi aventurado darlle carácter máis aló dunha mera proposta de debate.

Universidade

O PASquín non se publicará até setembro

25 de xuño de 2018 | O reparto das vacacións leva a que, a partir do venres día 22, o consello de redacción do PASquín comece o merecido descanso. Polo tanto, até o mes de setembro, este medio de comunicación pecha as portas. Como facemos sempre esta circunstancia supedítase a que non haxa acontecementos extraordinarios que nos leven a poñer en marcha a rotativa.

Universidade

O vindeiro día 27, novo Consello de Goberno

25 de xuño de 2018 | O vindeiro mércores, día 27, terá lugar unha nova reunión do Consello de Goberno, unha vez máis ofrecémosvos a nosa presenza no órgano colexiado de goberno da institución para transmitir ao resto da Comunidade Universitaria e ao equipo de goberno as cuestións que nos comuniquedes.

Universidade

APA non abrirá o seu local no CUR até setembro

25 de xuño de 2018 | O período de goce das vacacións obriga á redución da presenza no local que temos asignado no CUR. Volveremos a abrilo en setembro, para recibirvos e propiciar o contacto directo, coa finalidade de que nos poidades transmitir tanto problemáticas específicas como as aportacións que consideredes oportuno. Entrementres tedes os nosos teléfonos para conectar connosco.

CUT - Comunicado

Represión na Coruña: vergoña e indignidade

25 de xuño de 2018 | O estado reforzou a súa autoridade pasándolle a tesoira aos dereitos civís, sociais e políticos. No corsé dun Código Penal endurecido, e elaborado contra a disidencia cabe o esencial. E para o demais foi que se creou o caixón de sastre da chamada Lei Mordaza.

CUT-Alternativas na Xustiza

Cinco sindicalistas declararán como investigados por presuntas coaccións na folga da Xustiza.

25 de xuño de 2018 | Cinco delegados sindicais da Administración da Xustiza en Galicia están a ser investigados e terán que declarar ante a Fiscalía e ante un xulgado de instrución por un presunto delito de coaccións tras diferentes mobilizacións e actos de protesta levados a cabo durante a folga que mantivo o sector case paralizado máis de tres meses.

CUT - CRTVG

A Televisión de Galicia tamén protesta en negro pola inxerencia da Xunta

25 de xuño de 2018 | O malestar contra a manipulación política agudízase coa dimisión de dous recoñecidos presentadores de informativos

CUT - Consellería de Política Social

Asembleas nos centros de Política Social

25 de xuño de 2018 | Continuamos coa programación de asembleas nos centros de traballo dependentes da Consellería de Política Social. Este xoves, día 28 ás 14:30 horas, visitaremos os centros de Ferrol, Carballo e Porta do Camiño en Compostela.

CUT - CRTVG

553 sinaturas de persoal da CRTG demandan o mantemento das desconexións locais que a Radio Galega vai suprimir en setembro

25 de xuño de 2018 | A dirección dos medios públicos galegos impediu hoxe o acceso ás instalacións de San Marcos do comité de empresa provincial de CRTVE, nun intento de abortar a alianza que se está a tecer entre ambos os medios a raíz dos “venres negros”

UVIGO - PAS FUNCIONARIO

A nova Xunta de Persoal remite ao reitor e xerente unha proposta de negociación

25 de xuño de 2018 | A Xunta de Persoal Administración e Servizos Funcionaria reuniuse onte, 20 de xuño, e debateu e aprobou, cos votos a favor da CIG e en contra da UGT, a proposta de documento de negociación que se achega con este escrito, e no que se recollen medidas de inmediatas de aplicación como son:

STOP Desafiuzamentos

17.000 persoas suicidáronse en España desde 2007 por causas económicas

25 de xuño de 2018 | Máis de 17 mil persoas suicidáronse en España por problemas económicos durante o últimos dez anos, reportou o venres o diario local Público. O rotativo reportou o último caso acaecido o xoves; o suicidio de Jordi Rodríguez en Barcelona, capital de Cataluña, sita no nordés de España que se quitou a vida saltando ao baleiro desde un décimo piso cando ía ser desafiuzado da súa casa por unha comitiva xudicial acompañada pola Policía..

Marcha Mundial das Mulleres - Se é machista non é xustiza

A xustiza española libera aos violadores. O feminismo responde nas rúas

25 de xuño de 2018 | A Sección Segunda da Audiencia de Navarra decidiu dar por remate á prisión preventiva que mantiña engaiolados aos cinco integrantes da Manada, deixando en liberdade provisional desde onte aos violadores José Angel Prenda, Ángel Boza, Jesús Escudero, Antonio Manuel Guerrero e Alfonso Jesús Cabezuelo, logo de que fosen condeados a nove anos de prisión por un delito de abuso sexual a unha muller durante os Sanfermins de 2016.

Sanidade Pública

Demoledor informe do Defensor del Pueblo contra os métodos aplicados no Hospital Psiquiátrico de Conxo

25 de xuño de 2018 | Sobremedicación de psicofármacos, inadecuada utilización da inmobilización de pacientes con sistemas de suxeición como castigo, carencia xeral de recursos asistenciais, instalacións obsoletas, infradotación de profesionais sanitarios básicos como son os psicólogos clínicos ou o inadecuado rexistro e documentación de actuacións son algunhas das deficiencias e malas praxes detectadas por técnicos do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura.

Represión - secuestro

"Fariña", de volta nas librarías

25 de xuño de 2018 | A Audiencia Provincial de Madrid levanta o secuestro de Fariña, o libro de Nacho Carretero (A Coruña, 1981) sobre o narcotráfico galego. Unha xuíz do xulgado número 7 de Collado-Villalba decidira retiralo das librarías a raíz dunha denuncia do ex alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar, aludido en varias partes do traballo.

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Valtonyc e as galegas Ialma versionan ‘Bella Ciao’ con homenaxe a Suso Vaamonde incluída

25 de xuño de 2018 | A popular canción partisana italiana, cantada agora en catalán, galego e italiano, convértese nun alegato a favor da liberdade de expresión e pensamento, chiscadela a Silvio Rodríguez incluída. VÍDEO NO INTERIOR

Represión

Emilio Cao: “O meu xuízo é unha expresión máis do autoritarismo de Estado”

25 de xuño de 2018 | O mozo que será xulgado na vindeira segunda feira en Madrid e para o que a fiscalía pide 5 anos e 8 meses de cárcere compareceu acompañado de Xosé Manuel Beiras, que instou o goberno de Pedro Sánchez a "levantar o Estado de excepción".

Liberdades

UNESCO denuncia que Espanha é líder mundial na perseguiçom da liberdade artística

25 de xuño de 2018 | Mais umha vez, Espanha volve aparecer como ‘o homem doente da Uniom Europeia’. Desta volta, com a meritória distinçom de partilhar posto em curte de liberdades com Estados da periferia capitalista, habitualmente criticados pola mídia empresarial polo seu ‘autoritarismo’.

Universidades galegas

Alerta na universidade: O Estado deita a carga nas familias, e non todas poden os casos da UVigo e UDC

25 de xuño de 2018 | Vigo, Coruña, 22 de xuño. Hai só tres anos que o Ministerio de Educación inclúe no seu informe anual as cifras de abandono no sistema universitario español. A taxa media no curso 2013-14 foi dun 19% para estudantes de primeiro ano. En Galiza, do 13,6%. Daquela, o Ministerio sinalaba que o abandono dábase principalmente nas universidades públicas e con maior intensidade, no ensino non presencial.

Lingua

De cada catro traballos de fin de grao e master na USC tres son en castelán e un en galego

25 de xuño de 2018 | En 2017 defendéronse na Universidade de Compostela 3.309 traballos de fin de grao (TFG) e 1.164 traballos de fin de master (TFM). En ambos os dous casos, o castelán foi o idioma elixido pola ampla maioría dos estudantes: en tres de cada catro traballos ese é o idioma empregado, mentres que o galego fica reducido a un de cada catro, segundo os dados de O Cartafol (boletín de normalización lingüística da USC)

Crise estafa

6’5 millóns de familias (o 35%) viven dunha pensión, un 14% máis que en 2007, segundo o INE

25 de xuño de 2018 | O 20,7% dos fogares, 3,8 millóns, ingresa menos de 1.000 euros netos ao mes, segundo a Enquisa de Orzamentos Familiares do INE. Quen percibe máis de 5.000 euros mensuais crecen un 47,8% desde 2012.

Represión

80.000 manifestantes reclaman en Iruñea a liberdade dos mozos de Altsasu

25 de xuño de 2018 | O domingo, día 17 de xuño, ao redor de 80.000 persoas participaban na manifestación convocada na capital de Navarra en solidariedade con 8 mozos de Altsasu condenados a penas de entre 2 e 13 anos de cárcere por unha rifa de bar con dous gardas civís e as súas parellas (...).

Opinión-Agustín Moreno

O estraño caso do líder interino defenestrado das oposicións que parece unha vinganza

28 de maio de 2018 | Ángel é o presidente da asociación do profesorado interino da rexión de Murcia (ADIMUR) e un defensor da educación pública. Este ano convocáronse oposicións en ensino Secundario na rexión de Murcia e Ángel Hernández non aparece na lista de admitidos

Contra a represión mobilización!. Solidariedade con Aida!

Videos