• Número 400
  • 25 de xuño de 2018

Represión - secuestro

"Fariña", de volta nas librarías

A Audiencia Provincial de Madrid levanta o secuestro de Fariña, o libro de Nacho Carretero (A Coruña, 1981) sobre o narcotráfico galego

A Audiencia Provincial de Madrid levanta o secuestro de Fariña, o libro de Nacho Carretero (A Coruña, 1981) sobre o narcotráfico galego. Unha xuíz do xulgado número 7 de Collado-Villalba decidira retiralo das librarías a raíz dunha denuncia do ex alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar, aludido en varias partes do traballo.

Mais a Audiencia Provincial dá agora a razón ao recurso interposto pola defensa do xornalista e mais da editorial Libros del KO, segundo vén de confirmar nas redes sociais esta última. Fariña (2016) poderá regresar aos andeis das tendas. A versión en galego, que Edicións Xerais xa tiña practicamente lista no intre da primeira decisión xudicial, verá así o seu camiño despexado.

Nos meses que durou o secuestro xudicial, a obra adquiriu especial notoriedade, tamén grazas ao éxito da serie de televisión baseada na mesma. Ao tempo, publicouse en portugués.

Sermos Galiza