Emilio Cao: “O meu xuízo é unha expresión máis do autoritarismo de Estado”

Esta segunda feira, 25 de xuño, reanudarase
no Xulgado do Penal de Madrid, o xuízo contra Emilio Cao, procesado
por participar en 2014 na Marcha da Dignidade en Madrid que se
aprazou o pasado 18 de marzo. A Fiscalía pide para el 5 anos e 8
meses de prisión “por 'agresión e atentado á autoridade' .
Este mozo compareceu en Compostela nesta sexta
feira, acompañado de Lucía Suárez e Xosé Manuel Beiras,
en nome da Plataforma
`Absolución Emilio Cao`, que sumou máis de 1.000 apoios de
representantes políticos e a sociedade civil en solidariedade
con Cao. “Emilio Cao é unha das caras da represión de Estado, pero
hai centos e miles de caso”, afirmou Lucía Suárez. Cao considera que o
seu xuízo “é unha expresión máis do autoritarismo de Estado. A
solidariedade cidadá é imprescindible para isto non siga sucedendo”.
Xosé Manuel Beiras, de por parte, denunciou a “violación
sistemática, practicada a cotío, dos dereiros e liberdades” e
dixo que o novo Goberno de Pedro Sánchez ten que “levantar o
Estado de excepción” e se é preciso “proclamar unha amnistía”.
Sermos Galiza