553 sinaturas de persoal da CRTG demandan o mantemento das desconexións locais que a Radio Galega vai suprimir en setembro

O Comité Intercentros da CRTVG entregoulle esta
mañá ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, 553 sinaturas de
traballadores e traballadoras dos medios públicos que demandan a
continuidade da emisión dos informativos locais na Radio Galega. que a
dirección vai suprimir a partir do 9 de setembro. Solicitan ademais o
reforzo das delegacións territoriais, mermadas de persoal sen técnicos
de control, para ofrecer a información de proximidade con maior
calidade.
Nas sinaturas,. as demandantes aseguran que a
información local xera espazos de referencia que axudan a vertebrar o
pais e contribúen a manter a pluralidade de voces e temas, tal e como
ordena a lei que regula a CRTVG. Para o persoal dos medios galegos,
eliminar os locais sería abandonar en parte ese cometido, suprimir unha
das funcións para as que foron creadas as delegacións da Radio Galega e
renunciar a un referente para os oíntes, que acabarán escollendo outras
emisoras para saber o que pasa na súa. contorna. Pídenlle tamén á
Dirección Xeral que recapacite e reconsidere a súa decisión.
A entrega desas sinaturas coincidiu cunha xuntanza
que estaba prevista celebrar na sede central de San Marcos da CRIVG
entre o Comite Intercentros e o comité de empresa provincial de
CRTVE-Galicia motivada polas problemáticas comúns que comparten ambas as
dúas representacións sindicais. O Intercentros da CRTVG denuncia que a
dirección de recursos humanos non permitiu o acceso dos sindicalistas da
radiotelevisión pública española, polo que o encontro tivo que
celebrarse na porta do edificio. É a primeiira vez que se obstaculiza o
acceso á CRTVG de delegados externos,. unha práctica habitual que nunca
se cuestionou e que, en opinión do Comité Intercentros está relacionada
coas mobilizacións que· se veñen producindo nas últimas Semanas na CRTVG
en defensa do servizo público (desaparición do programa Diario Cultural
e das desconexións locais, ademais dos venres negros contra a
manipulación informativa e a prol da creación do Consello de
Informativos) que causan malestar na dirección dos medios públicos.
O Comité Intercentros da CRTVG e o Comite de CRTVE
reuniranse nos vindeiros dias para activar mobilizacións conxuntas de
protesta.
San Marcos, 19 de xuño de 2018