• Número 400
  • 25 de xuño de 2018

Universidade

As vosas colaboracións. Cartas que recibimos

Agradecemos as vosas colaboracións. Se non nos implicamos tod@s, fracasaremos

Resolución de comisións de servizos

Lin no PASquín a proposta de modificación do regulamento de comisións de servizos. Chocáronme os cambios introducidos nas bibliotecas. A proposta que se fai evidencia a presenza de directoras de biblioteca na composición da Xunta de Persoal. Porque se articula un procedemento exclusivo para as bibliotecas?. O procedemento da proposta rompe co criterio establecido até agora polo que as comisións de servizos, primeiro ofértanse no centro e, posteriormente convócanse fóra. O caso é que mentres se transgride o criterio nas bibliotecas, mantense no resto das escalas. Da eficiencia da proposta falamos outro día. É mellor que non lle toquedes a nada.