Valtonyc e as galegas Ialma versionan ‘Bella Ciao’ con homenaxe a Suso Vaamonde incluída

‘Bella Ciao’, a coñecida
canción partisana italiana, tivo múltiples versións en todos os estilos
posíbeis, desde a canción de autor ao folck celta, do reggae ao punk. O
tema vén de ter agora unha nova lectura, especial por quen a fai e as
circunstancias en que se fai: desde o seu exilio en Bruxelas, o rapeiro
Valtonyc grava ‘Bella Ciao’ para defender a liberdade
de expresión e contra a represión. E non o fai so: canda el, diferentes
músicos e intérpretes da escena bela, entre elas ‘Ialma’,
o grupo galego.belga que desde o 2000 leva espalando música galega por
toda Europa.
“Por Suso Vaamonde”, comeza
dicindo Valtony no vídeo,
rendendo así homenaxe ao cantautor galego que hai 38 anos tivera que
exiliarse pola letra dunha canción. A partir de aí, e co fondo de
‘Bella Ciao’ cantando por Ialma, rapea o mallorquín en catalán.
Retrousos en galego na voz de Ialma: “E a xente / que vai pasando
/Ouh Bella Ciao / dirame “que bela flor!”, ou “Esa flor é dun
namorado / amante da liberdade”. A canción liga entón co fraseo en
castelán que recolle a letra do ‘Ojalá’ do cubano de
Silvio Rodríguez. A versión fíxose viral en internet,
con miles de visitas en poucas horas.
Sermos Galiza