• Número 400
  • 25 de xuño de 2018

CUT - Consellería de Política Social

Asembleas nos centros de Política Social

Iniciamos unha campaña para reivindicar a reposición do artigo 19 do Convenio Colectivo

Continuamos coa programación de asembleas nos centros de traballo dependentes da Consellería de Política Social. Este xoves, día 28 ás 14:30 horas, visitaremos os centros de Ferrol, Carballo e Porta do Camiño en Compostela.

Debido á pasividade do resto de organizacións sindicais que esqueceron desde hai anos unha das reivindicacións que nos parece esencial á hora de velar pola nosa saúde e pola prestación dun servizo público de calidade, iniciamos unha campaña para reivindicar a reposición do artigo 19 do Convenio Colectivo.

Convidamos a todas as traballadoras e traballadores dos centros arriba indicados a que o vindeiro día 28 de xuño, desde as 14:30 horas, participen nas asembleas que terán como ORDE DO DÍA:

- Situación do Comité de Empresa

- Situación da temporalidade

- Sinaturas pola reposición do art. 19

- Situación do centro