80.000 manifestantes reclaman en Iruñea a liberdade dos mozos de Altsasu

O domingo, , día 17 de xuño, ao redor de 80.000
persoas participaban na manifestación convocada na capital de Navarra en
solidariedade con 8 mozos de Altsasu condenados a penas de entre 2 e 13
anos de cárcere por unha rifa de bar con dous gardas civís e as súas
parellas (...).
O 15 de outubro do ano 2016 producíase en
Altsasu un altercado entre dous gardas civís fóra de servizo e as súas
parellas e algúns mozos desta localidade navarra. Como consecuencia
deles un dos gardas civís sufría unha factura de nocello e as outras
tres persoas mazaduras de carácter leve.
O altercado nocturno foi convertido nun
macroproceso no que se imputou a 11 mozos, aos que a fiscalía
pretendeu aplicar a lexislación antiterrorista, pedindo para eles ata 60
anos de cárcere. Finalmente, 8 destes mozos foron
condenados pola Audiencia Nacional a penas que van
desde os 2 ata os 13 anos.
O pasado domingo, ao redor de 80.000
persoas
participaban na manifestación convocada na capital de Navarra en
solidariedade cos condenados.
A multitudinaria manifestación partiu ás cinco da
tarde entre berros de "Hau ez dá justizia" (isto non é xustiza),
"Altsasukoak askatu!" ou "Alde hemendik, utzi pakean".
Os 80.000 manifestantes percorreron
Iruñea desde o estadio do Sadar ata a Praza da Liberdade, onde tivo
lugar o acto de peche da marcha.
Canarias Semanal
VÍDEOS:
Reportaxe de Ahötsha.info
Entrevista a Iñaki Gil de San Vicente sobre o
Caso de Altsasu