19/07/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Tal e como vos informamos no número anterior tivemos unha reunión co Reitor e Xerenta o pasado día 14. Pretendiamos atopar unha vía de saída para a RPT despois de ser rexeitada polas asembleas.
Moi lonxe da receptividade agardada, atopamos
un muro infranqueable. A Universidade cos 38
postos de traballo ofertados considera cumprido
o seu compromiso de presentar un proxecto
acorde coas necesidades do colectivo e, tamén,
cos tempos que corren de apretarse o cinto.
Dixémoslle
que, parte das nosas reclamacións non tiñan
custo algún:
Os
contratos por acumulación de tarefas (3+3,
entendemos, e así se fixo até agora, que a
reiteración nos contratos deste tipo
evidencia a súa necesidade) páganse xa con
cargo ao Capítulo I.
As ETT’s
xa hai cartos destinados oa seu pagamento,
o que se precisaría é, simplemente, o
cambio para o Capítulo I, aquí non debería
haber aforro, se o houber isto só
procedería da sobreexplotación á que se
somete a estes traballadores, situación
impropia dun equipo reitoral que se di “pogresista”.
Lonxe de ter
en conta este razoamento, como vos dixemos con
anterioridade, os interlocutores comportáronse
coma xordos, amosáronse moi molestos por
constatar que o documento da RPT foi levado ás
asembleas sen ningunha defensa por parte
do Comité, así como pola perda de tempo
e esforzo que lles supuxo estar seis meses
negociando para non chegar a ningures. Iso si, o sr. Reitor deixou caer,
tamén,
que nas enquisas as conserxerías non saían ben
paradas, amosándose, nalgún caso, que os
enquisados non sabían para que existían.
Isto
respondémoslle contundentemente indicándolle
que seguro que, nesas mesmas enquisas, se
sinalaba que os docentes non cumprían coas súas
obrigas, sobre todo no que se refire ás
titorías e outras tarefas polas que,
puntualmente cobran (moitas das súas ausencias
mitíganse desde as conserxerías), incluso se lle puxo de
manifesto criamos coñecer que había docentes
que, en todo un ano, non apareceron polo seu
lugar de traballo.
Tamén se nos fixo unha velada acusación de complicidade coa dereita ao que se lle respondeu indicando que si eles se consideraban de esquerda estábanlle a facer un fraco servizo.
Tamén houbo
tempo para as ameazas sobre o propio proxecto
indicándosenos, de novo que o feito de
rexeitalo liberaba á Universidade da proposta
de RPT (referíanse á Transitoria II do Convenio
Colectivo).
A reunión foi
tensa, rematando cunha saída de compromiso,
pedíusenos que, mediante escrito se lles
remitisen as condicións para dar o visto e
prace ao proxecto e que xa nos informarían da
decisión.
O escrito
rexistrouse o venres e di así:
Na reunión
mantida o día 14 entre, por unha parte o Reitor
e a Xerencia e por outra parte o Comité de
Empresa, quedouse
en que este último transmitise por
escrito as bases para un posible acordo
respecto da RPT. En aras de chegar a ese acordo,
e aprazando reclamacións históricas e
necesidades do colectivo, consideramos que o
mínimo que debe reflectirse na RPT é o seguinte:
Analizando o
documento aprécianse os seguinte erros
técnicos:
Faltan aquí
reivindicacións que consideramos,tamén, coma de
principios, e que, mentres que non se consigan
seguiremos a reiterar tales coma:
En definitiva o
que pretendemos é que a RPT recolla as
necesidades de centros e servizos coa
finalidade de poder dar ao resto da comunidade
universitaria, e á sociedade, o nivel de atención que esta
merece, substituíndo o traballo precario por
traballo estable e digno, debemos ser moi duros
de molleira pero non entendemos como nos
atopamos con atrancos desde a propia
administración.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript