19/07/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Coa finalidade de dar cumprimento ao acordado nas asembleas, o Comité comezou o proceso de denuncia do desconto do 5% na nómina de xuño.
Como primeira medida o día 16 mantivemos unha reunión coa Xerencia para cumprir o requisito establecido no Convenio Colectivo que, no seu artigo 9 insta á resolución de conflitos de xeito extraxudicial.
Unha vez asinadas as actas correspondentes procederase coa seguinte fase na tramitación da dita denuncia.
Noticias relacionadas co decretazo:
A Audiencia Nacional admite a trámite a denuncia presentada por CCOO e UGT.
Por outro lado:
Ese modelo de empresario que está a deixar na rúa á practica totalidade dos seus traballadores e traballadoras, Agora tócalle a Viaxes Marsans, quere acabar cos servizos públicos
A patronal española ten a desfachatez de pedir que se reduza o
número de funcionarios e que se privaticen
empresas públicas
A CEOE asegura que un dos xeitos de saír da crise é que as
administracións deixen que as compañías
privadas fagan máis negocio cos servizos
públicos.
Despois dun forte recorte do gasto público,
dunha reforma laboral e doutra do sistema de
pensións á vista, a patronal española considera
que os poderes políticos aínda teñen moitas
receitas ultraliberais para poñer en práctica.
Así, a CEOE venlle de recomendar ao executivo
estatal que meta a tesoura a fondo nos postos
públicos de traballo. A consigna é reducir o
número de funcionarios comezando “polos menos
produtivos” e privatizar todas aquelas empresas
públicas que non obteñan beneficios económicos
e deixalas en mans de empresas concesionarias.
A confederación de empresarios non oculta a súa
intención última e di que hai marxe para que as
comunidades autónomas e os concellos
intensifiquen a colaboración coas compañías
privadas en servizos públicos como o de augas,
o lixo, o transporte ou incluso a explotación
de centros sanitarios.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript