Resumo da reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia - 12/06/2018

Como xa ven sendo habitual, antes da reunión coa
Xerencia a Xunta de Persoal realizou unha reunión preparatoria. Na
reunión adoptamos unha serie de acordos que, posteriormente se lle
trasladaron ao xerente.
Proposta de Oferta de Emprego de 2018
Reitérase, o propio xerente sinalouno, que a Xunta
de Persoal rexeita que se contemple na OEP unha praza do grupo A2 da
escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos por entender que
todas as prazas da Oferta deben ser de postos base.
No que se refire a aspectos técnicos, non se
contempla ningunha anomalía.
O xerente sinala que o día 13 se enviaría á
Consellería de Facenda para a súa aprobación.
Sobre a proposta de modificación da Resolución de comisións de servizos
A Xunta de Persoal, á vista da proposta realizada,
e xa que a Xerencia ten intención de proceder á súa modificación,
entende que se deben revisar outros aspectos, en concreto:
Punto QUINTO, explicitar que se
entende por postos de nivel superior calquera con complemento de destino
e/ou complemento específico superior ao que posúa a traballadora/or que
fai a correspondente solicitude.
Punto OITAVO eliminalo
No punto que fai referencia a CRITERIOS
PARA A COBERTURA DOS POSTOS, eliminar do punto 3 a parte que
explicita “e, de non ser posible, nas inmediatas xerarquicamente
superiores”. Esta parte debe eliminarse en todos os apartados onde se
contempla
No que fai referencia á secuencia de ocupación de
postos na ESCALA XERAL equiparar as Xefaturas de
sección e Administrador/a, que pasarían a poder ser ocupados
exclusivamente por Xefe/a dos respectivos negociados que xa se
contemplan na actual instrución.
No que fai referencia á secuencia de ocupación de
postos na ESCALA DE BIBLIOTECAS:
POSTO |
Orde de prelación |
Xefatura de servizo de Biblioteca |
Xefe/a de sección do servizo Director/a de biblioteca Bibliotecario/a ou técnico/a de arquivo do
servizo que teña, como mínimo 2 anos de antigüidade nese servizo |
Xefatura de sección de Biblioteca |
Director/a de biblioteca Bibliotecario/a ou técnico/a de arquivo da
sección Bibliotecario/a ou técnico/a de arquivo do
servizo |
Xa no que se refire á proposta de modificación
presentada pola Xerencia, que se contempla na folla nº 7 da proposta, e
que se refire á modificación operada polo artigo 6 da Lei 2/2017.
A Xunta de Persoal reclama que se contemple todo o artigo,
porque falta unha parte do artigo mencionado moi importante a criterio
da representación das traballadoras e traballadores, en concreto a parte
que fai mención:
O punto 2 do Artigo 96 da
Lei 2/2015 , no texto consolidado, queda como
segue:
“2. En todo caso, para o desempeño dun posto de
traballo en comisión de servizos voluntaria, o persoal funcionario debe
pertencer ao corpo ou escala e reunir os demais requisitos que estableza
a correspondente relación de postos de traballo.
Non obstante, para a consecución da eficacia na
prestación dos servizos e a eficiencia dos recursos humanos dispoñibles,
o persoal funcionario de carreira poderá ocupar, con carácter temporal,
mediante comisión de servizos voluntaria, un posto de traballo
correspondente a unha escala de administración xeral ou especial sempre
que posúa a titulación requirida para o acceso á escala correspondente
ao posto de traballo e pertenza ao mesmo grupo ou subgrupo de
clasificación. En todo caso, outorgarase prioridade ao persoal
funcionario de carreira que pertenza á mesma escala do posto que sexa
obxecto de cobertura.”
Falta, na transcrición, a parte subliñada.
O debate sobre a modificación do regulamento de comisións de servizos non está rematado. O xerente sinalou que enviaría unha proposta alternativa.
Outro punto tratado na reunión foi o resumo
dos asuntos tratados no grupo de traballo de Conciliación-Acción social.
Debatéronse, sen tomar ningunha determinación -así
se lle transmitiu ao xerente- os temas máis avanzados no grupo de
traballo, esencialmente xubilación e indemnizacións. Cando haxa algo
máis concreto transmitirémosvolo.
O xerente informa de que o luns, día 11 tivera unha
reunión con representantes do colectivo de persoal interino da escala
xeral grupo C2. Manifestou que as argumentacións que se lle presentaran
estaban ben fundamentadas. Sinalou que o día 12 pedira ao Servizo de
Asesoría Xurídica informe sobre a legalidade das peticións formuladas e
que cando o tivese se transmitiría á Xunta de Persoal.
A Xunta de Persoal solicita que, ademais do xa
requirido para que se repoña a xornada de 35 horas á semana como a
redución horaria en período de verán, que a redución horaria na xornada
da semana grande sexa a mesma que antes do “recorte”.