Porque o PASquín desta semana é máis reducido

Esta fin de semana, venres día 15 e sábado 16,
participamos no festival organizado por Elviña Sons no que, unha diversidade importante de colectivos, tivemos espazo para colocar mesas nas que
expoñer o material que producimos. No espazo reservado, entre outros estaban presentes o Centro Social Autoxestionado A Comuna, Acción Antifascista da Coruña, o Comité de Solidariedade cos Pesos Políticos... Apoiamos, tamén, no que puidemos, en
labores de intendencia, o desenvolvemento do festival.
A nosa relación coa mocidade de Elviña, organizada
en Elviña non se Vende, colectivo no que participa un bo número de
veciñas e veciños do pobo e no que se integra un grupo amplo de mozas e
mozos moi activos socialmente, deriva das accións que como STOP
Desafiuzamentos desenvolvemos apoiando ás persoas afectadas polos
desafiuzamentos provocados pola afectación do denominado Parque
Ofimático. Os lazos estreitáronse durante o desaloxo da vivenda de
Isabel e Álvaro Corral, a finais do ano 2014.
O compromiso social da mocidade que organiza o
festival reflíctese tanto na programación dos actos que se desenvolven
nos dous días de duración, como n@s artistas participantes así como na
finalidade que se lle asigna ao pouco diñeiro que se recada – nas dúas
últimas edicións destinado ao pobo palestino, en anos anteriores serviu
para axudar a pagar as múltiples e cuantiosas multas impostas polas
accións contra os desafiuzamentos no pobo e o desaloxo antes mencionado.
Nesta 5ª edición do festival, durante a actuación
de Pablo Hasel, Acción Antifascista da Coruña, subiu ao escenario unha
pancarta reivindicando a liberdade de expresión. Na actuación de
KonfliKto, encheuse o escenario coa protesta polo desaloxo do CSOA A
Insumisa. Posteriormente, durante a actuación de Rat-Zinger, o escenario
volveu a ser ocupado por Acción Antifascista para mostrar a
solidariedade coas mozas e mozos de Altsasu.
Como sabedes a redacción do PASquín conformámola un
número moi reducido de persoas. A actividade extraordinaria que
realizamos esta fin de semana impídenos abordar unha edición máis ampla.
Agardamos a vosa comprensión
ACCIÓN ANTIFASCISTA DA CORUÑA - CONTRA O ESTADO POLICIAL!!. LIBERDADE DE EXPRESIÓN!!
ACCIÓN ANTIFASCISTA DA CORUÑA - ALTSASU LIBERDADE!!
CSOA A INSUMISA. EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS!!
ELVIÑA NON SE VENDE!!!!