Os grandes medios ocultan a masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino

Milleiros de persoas –os
organizadores falan de 80.000 e a Policía Local arredor de 12.000--
percorreron as rúas de Santiago este domingo
para denunciar a megamina que as multinacionais
Atalaya Mining e Cobre San Rafael queren reabrir en Touro e O Pino. Un
proxecto que rexeitan 140 asociacións e colectivos e
ata 30 concellos da área de Santiago de da Arousa.
E a pesar desta
masiva protesta ningún dos grandes medios
considerou que este tema debería estar en portada. Ademais, destacan os
casos de xornais que se len na área de Compostela, como é o caso de
La Voz ou El Correo.
Estes xornais, que compiten pola hexemonía
informativa na zona, curiosamente coincidiron plenamente no
tratamento da información sobre esta protestata. Así, ningún
dos dous considerou que esta multitudinaría manifestación debería estar
nas páxinas de Galicia e relegaron a información ás últimas follas, na
sección de economía, con espazos ridículos de menos de media páxina.
SILENCIO INFORMATIVO
Non é a primeira vez que os opositores á Mina
denuncian o silencio informativo dos grandes medios sobre esta cuestión,
como antes aconteceu co proxecto de Corcoesto, que finalmente decaeu
pola presión social. Un silencio din, que ten que ver coas presións
da propia empresa e tamén coa Xunta, que mensualmente
enche as carteiras dos grandes medios con milleiros de euros tal e como
xa publicou este luns GC.
O propio PP defendían a minaría como unha oportunidade para o
"emprego" e criticaban á oposición por tentar xerar “alarmismo” con esta
cuestión. De feito, na mobilización estiveron presentes os líderes dos
principais partidos da oposición, Luís Villares (En Marea), Gonzalo
Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG)
CRÍTICAS
As plataformas contrarias á mina sospeitan que esta
podería ser autorizada en agosto, alertaron así das consecuencias para a
comarca de Santiago e a zona de ría de Arousa, dunha mina que denuncian
que contará con "balsas con lodos altamente contaminantes",
"voaduras diarias", que usará "elementos químicos sospeitosos de causar
cancro", e provocará verteduras "contaminadas" á "auga do Ulla que
abastece a máis de 155.000 persoas".
Ademais, denuncian que o proxecto acumula máis de
oito informes negativos e contrarios a súa implantación, mentres
que a empresa nega que teña afectación nin sobre o medio ambiente,
nin sobre as explotacións agrarias e gandeiras da comarca.
Galicia Confidencial